Meeting point | soma arquitectura

Encontrámonos cunha vivenda con catro espazos moi ben ordenados en fachada, separados do resto de estanzas por un gran corredor e que se encontran dun xeito un pouco caótico.

Quedamos con estes catro espazos e reordenamos o resto de usos intentando xerar espazos de calidade.

somaa_mp_01_int01

A vivenda articúlase en torno a un espazo central, que ordena e distribúe a casa, diferenciando a zona de día da de noite, a parte privada da pública, e o cuarto principal das secundarias.

A idea básica, inspirada pola arquitectura palaciana, baséase na xeración de espazos a través de estanzas concatenadas, que nos guían a través do filtro formado polo despacho, dende o acceso á vivenda cara ao espazo central, a partir do que crece o resto da vivenda, despregándose coma se se tratase dun abano. Así se xera un eixe de circulación entre os espazos de relación da vivenda.

O espazo central materialízase mediante un revestimento en madeira acanalada, creando un espazo diferenciado e diferencial, que nos permite acceder cara ao salón, a cociña e os pasos que dan servizo ás zonas máis privadas da vivenda.

Por outro lado, o pavimento marca un eixe transversal de servizos, a zona central, a cociña, os aseos e os pasos, revístense de microcemento, fronte ao resto dos paramentos da casa, que se dispón en madeira.

Os armarios e o almacenamento, tamén supoñen unha parte importante da reforma, xa que se adaptan ás necesidades da vivenda, aproveitando ao máximo o espazo dispoñible.

obra: Meeting point
autores: soma arquitectura [Fernando Martínez López, Miguel Carballido Pensado, Inés García Dintén y Susana Vázquez Rodríguez ]
promotor: Jorge y Esther
colaboradores: Carpinteria Marfi S.L., Víctor Lorenzo (Microcemento)
superficie: 125 m²
año: 2013
emprazamento: A Coruña, Galicia, España
presuposto: 70.000€ | 560 €/ m²
fotografía: Jorge Mosquera | soma arquitectura
+ somaa.es

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, obras, reforma interior

Tags: , , , , , , , , , , , ,