Manual de tipografía · John Kane

Este Manual de tipografía é unha introdución a todo o que calquera estudante ou profesional do deseño gráfico debe saber sobre tipografía para desenvolver unha sensibilidade e uns coñecementos tipográficos ben fundamentados.

O libro expón os principios básicos da tipografía e principais aplicacións mediante unha equilibrada combinación de historia, teoría e práctica. Así, o lector atopará nestas páxinas desde a descrición das partes da letra ou a clasificación dos diferentes tipos, á explicación de como se compón o texto na páxina ou como funcionan os sistemas de retículas. Pero tamén atopará unha breve e reveladora historia da tipografía así como numerosos exemplos e exercicios prácticos que pretenden axudar a adquirir un coñecemento experiencial da disciplina.

Esta segunda edición revisa algúns contidos da primeira e incorpora novos diagramas explicativos e novos materiais sobre a composición de textos, a elección de tipos e o uso da cor. O libro apóiase ademais nun novo sitio web —www.atypeprimer.com (en inglés)— que alberga materiais adicionais e unha serie de exercicios prácticos.

John Kane é profesor de deseño gráfico e tipografía na Northeastern University de Boston e na Rhode Island School of Design. Dedícase profesionalmente ao deseño gráfico e á docencia desde fai máis de trinta anos, e o seu traballo foi premiado por distintas institucións como o American Institute of Architects, o American Institute of Graphic Arts (AIGA) ou a Society of Typographic Arts, entre outras.

+ ggili.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , ,