logo
  • editorial
  • contacto
  • RevistaVAD
banner_cabecera
  • artigos
  • faro
  • obras
  • nasa
  • baliza
  • aparello
  • eventos
  • deriva
  • publicacións
  • capturas
  • tv

Lucas Masen, Lucas Maasen, Lukas Massen, Lucas Mazen… | Elías Cueto

28-12-2018

No traballo de Lucas Maassen as cadeiras están case por todas partes e acompáñanse con interesantes reflexións sobre os procesos que dan forma, significado ou simplemente intensidade aos obxectos. Desde o proceso de fabricación ata o proceso de valoración ou percepción dun deseño por parte da sociedade, o consumidor, etc.

O último traballo do holandés é Maasen & Sons, un deseño de cadeira no que a forma se carga de intensidade a través da colaboración dos fillos do deseñador/artista na terminación das mesmas. Cadeiras aparentemente sinxelas que con todo conteñen afinadas decisións de deseño e nas que a torpeza e rapidez do acabado final revelan unha orixe habitualmente inconfesado: o traballo infantil.

Sitting Gold
Sitting Gold

Pero non todo é deseño póvera na traxectoria do holandés. En 2010 Maasen deseñaba Sitting Gold. Trátase dunha “cadeira- lingote de ouro”, unha provocadora peza na que o deseño de cadeiras é un medio para a simple e directa acumulación de capital. Un interesante apuntamento sobre o deseño contemporáneo…

Script Chair OS
Script Chair OS

Seguindo a dirección apuntada por Enzo Mari, no traballo de Maasen os obxectos non aparentan ser senón que simplemente son. Non son aparentemente valiosos senón que literalmente valen moito, como no caso de Sitting Gold. Non son formas e deseños concretos senón pezas unidas segundo unhas determinadas instrucións como no caso de Script Chair OS, un simple protocolo de ensamblaxe no que as pezas e materiais son intercambiables.

Sitting Chairs
Sitting Chairs

En ocasións o traballo de Lucas apoiouse na transformación e manipulación de cadeiras que deixan de ser mobles auxiliares para converterse en presenzas virtualmente animadas que reclaman o seu propio protagonismo e atención. É o caso de Singing Chair ou as inquietantemente divertidas SSitting Chairs e Yoga Chairs.

Yoga Chairs
Yoga Chairs

Cadeiras que non son para sentar… Cadeiras todas elas que dan pouco ou nulo servizo e que nos interrogan sobre as nosas inconfesadas preferencias no deseño:

Realmente queremos sentarnos ou só representar a acumulación de capital e rodearnos de serviles e compracentes deseños/traballos/esforzos realizados por outros?

Mmm…

Elías Cueto, arquitecto
Santiago de Compostela, xaneiro 2012
Publicado en Nº 313 [sillas…]

  • Author Details
Elías Cueto
Elías Cueto Autor

Es arquitecto técnico superior de urbanismo por la EGAP, doctor en historia de la arquitectura por la ETSAC y especialista en diseño de mobiliario por THK (Alemania. En 2015 recibió el V Premio Domingo Fontán de investigación histórica y es autor de dos monografías sobre historia moderna y diseño. Ha trabajado como diseñador para diferentes firmas y ha colaborados con dos Premios Nacionales de Arquitectura. Actualmente colabora con la industria de la madera en el ámbito del desarrollo de productos y la mejora e industrialización de procesos.

web
http://www.seistag.com/
email
info@seistag.com
1 Shares
Share
Tweet
Pin1
Share

Arquivado en: capturas, diseño, Xosé Suárez - Elías Cueto

Tags: Alessandro Mendini, arquitectura en madera, arquitectura tradicional, arte, artek, artesanía, ciencia, diseño de mobiliario, diseño didáctico, Elías Cueto, Enzo Mari, ettore sottsass, filólogo, Italia, lenguaje, Lucas Maassen, max bill, milán, mundo rural tradicional, oficio, pierre restany, silla, técnica tradicional, tomás maldonado, tradición, vittorio gregotti, Xosé Suárez

compartir en facebook compartir en twitter compartir en google+ Compartir en Linkedin Compartir en Tumblr Compartir en Pinterest Compartir en Instagram enviar a meneame

Relacionados

  • Refugio Doñana | Fermín G. Blanco
  • A Bauhaus nas coleccións Thyssen
  • Vivenda Unifamiliar en Mera | Patricia Sabín – Enrique M. Blanco
  • Pensar coas mans. As novas sete lámpadas da beleza artesanal | Izaskun Chinchilla Architects
  • Bauhausmädels. A Tribute to Pioneering Women Artists

Sponsor

jung

jung

arquitasa

logo_rodiñas

Seguenos:

  • facebook
  • twitter
  • pinterest
  • linkedin
  • rsss

Promoción

jung

banner_asemas

arquitasa

banner_rodiñas

Tamén:

feedly

Suscripción

Amizades

ru

asimetricas

fundacionarquia

Apoia

aadipa

en transito

¡Os arquitectos xa tenemos convenio!

sindicato
arquitectura arquitectura española arquitectura gallega arquitectura moderna ciudad conferencia España exposición fotografía Galicia historia Le Corbusier maestro pensamiento publicación reflexión sociedad teoría territorio urbanismo
  • Aviso Legal
  • Política de Cookies y Privacidad
  • columnas
  • ISSN 2603-6401
  • editorial
  • contacto
  • RevistaVAD
  • rss
  • facebook
  • twitter
  • google plus
  • linkedin
cc
isbn
Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestra web. Si sigues utilizando este sitio asumiremos que estás de acuerdo.AceptarRechazarPolítica de Cookies
Revocar cookies