Loxe Mareiro. Chiringuito de praia | cenlitrosmetrocadrado

Despois dun período inicial estreitamente ligado ao mercado de abastos de Compostela, Abastos 2.0 decide traspasar fronteiras e comezar a expansión do seu ideario cun local situado na pequena vila mariñeira de Carril, en Vilagarcía de Arousa.

Unha humilde edificación a carón da praia que conta ao longo da súa historia con usos tan dispares como o de control de tráfico marítimo, de carpintaría de ribeira ou de nave de almacenaxe de efectos navais.

100lm2_LM_01_ext01

A intervención ten como obxectivo reinterpretar o tradicional chiringuito de praia, xogando con conceptos como o carácter temporal das solucións, a improvisación, a polivalencia ou o emprego de materiais reutilizados e de baixo custe.

As pezas de mobiliario tanto dos espazos interiores coma da terraza están concibidas para un uso compartido, algo que ven dado pola necesidade de aproveitamento do escaso espazo, unha maior rapidez na instalación e a redución do espazo ocupado de almacenaxe.

A concepción da cociña nace da vontade de fusionala co comedor nun mesmo espazo, creando a partir da illa central de traballo unha mesa única alongada e integrando nunha mesma peza elaboración, presentación e degustación.

Un concepto que evoca a orixe de Abastos 2.0 e trasládaa á beira da Ría de Arousa.

Obra: Loxe Mareiro. Chiringuito de praia
Título descritivo: Acondicionamento de local para hostalería
Emprazamento: Carril. Vilagarcía de Arousa (Pontevedra, Galicia, España).
Ano: Agosto 2013
Autores: cenlitrosmetrocadrado (Xabier Rilo, Ricardo Tubío, Manuel del Río)
Deseño xeral, desenvolvemento de mobiliario e supervisión de obra: Cenlitrosmetrocadrado
Promotor: Abastos 2.0
Equipamento eléctrico e iluminación: Gonzalec
Equipamento da cociña: Grupo Roig
Pintura: Colorfer
Carpintaría e mobiliario: Carpintería Óscar Penedo, J.C. Botana Carpinteros
Fotografía: Javier Iglesias
+ cenlitrosmetrocadrado.com

+ Publicacións

Designboom,

Frame Magazine,

Gessato Blog,

Galicia Cool Magazine,

Masgalicia

veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, espacio publico, obras, reforma interior, rehabilitación

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , ,