Local comercial para tenda de roupa Luci Von | Sr.a Farnsworth

Trátase dunha adecuación de local comercial para unha tenda multimarca de moda de muller no centro de Vigo.

O local sitúase na planta baixa do edificio situado no n.º 10 da rúa Eduardo igrexas. Conta con dous accesos independentes: un a través da Rúa Eduardo Iglesias e outro dende a Praza Interior contigua e que antigamente estivo ocupada polo Cine Tamberlick.

Dende o punto de vista formal, o local estaba formado por dous espazos cunhas características espaciais e dimensionais claramente diferenciadas. O primeiro, é o espazo situado a cota da rúa Eduardo Iglesias. O segundo, situado por enriba da cota da Praza interior.

Neste caso, o punto de partida para o desenvolvemento do proxecto xurdiu por requirimento da propietaria, que en reunións previas de traballo nos transmite que lle gustaría que a súa tenda “parecese un casa, con papel de raias e un mobiliario ecléctico”.

A partir de aí a proposta xoga con integrar unha imaxe intencionadamente doméstica cos requirimentos e esixencias dun espazo comercial. Aproveitando as calidades do local (dous accesos diferentes) organízase o espazo interior en dúas zonas diferenciadas:

– un camiño-pasarela que resalta a entrada e ao longo do cal se organiza e expón a maior parte do produto.
– e un espazo central destinado a proba e espera.

O deseño da iluminación e a selección e situación de materiais escollidos para o pavimento pretenden resaltar esta organización espacial.

Deseñouse o mobiliario interior á medida, facendo unha reinterpretación actualizada do estilo que pretendía a propietaria.

Obra: Local comercial para tenda de roupa LUCI VON
Autor: Sra. Farnsworth (Carolina Domínguez+Laura Crespo+Rosa del Río)
Ano: Proxecto_2.013 – Construcción_2.014
Emprazamento: Eduardo Iglesias. Vigo. Galicia. España
Fotografías: Pablo Senra Pérez.
+ srafarnsworth

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, obras, reforma interior

Tags: , , , , , , , , , ,