Le Corbusier. Un atlas de paisaxes modernas

Le Corbusier, unha figura crave da arquitectura do século XX, foi pioneiro nos estudos de mellora das vivendas das clases máis baixas e propuxo novas formas de arquitectura eficiente en cidades moi poboadas. Le Corbusier foi, á súa vez, un artista multidisciplinario, cunha obra que se estende tamén á pintura e a fotografía, unindo arte e arquitectura.

A mostra é un itinerario completo por todas as fases da obra de Le Corbusier a través dunha extensa colección de debuxos, pinturas, proxectos arquitectónicos e maquetas de edificios, pezas procedentes maioritariamente da Fondation Le Corbusier en París e do MoMA de Nova York. O visitante poderá contemplar dende o traballo realizado nos primeiros anos do artista en Suíza, ata o final dos seus días no Mediterráneo, pasando por Istanbul, Atenas, Roma, París, Xenebra, Moscú, Barcelona, Nova York e a India.

Exposición organizada por The Museum of Modern Art (MoMA) de Nova York e producida pola Obra Social “a Caixa”.

De luns a domingo e festivos, de 10 a 20 h

CaixaForum Barcelona. Avda. de Francesc Ferrer i Guàrdia, 6-8. 08038 BARCELONA

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, exposiciones

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,