As primeiras arquitectas cinematográficas | Jorge Gorostiza


Joel McCrea & Miriam Hopkins, Woman Chases Man, 1937
Joel McCrea & Miriam Hopkins, Woman Chases Man, 1937

No post anterior falaba das primeiras escenógrafas cinematográficas. Nestes días estou a actualizar a lista das películas en que aparece un personaxe que figura ser arquitecto, un dos temas do meu libro A imaxe suposta, cuxa filmografía está recollida nunha das primeiras entradas do meu blogue, e pareceume interesante buscar aquelas en que ese personaxe sexa unha arquitecta.

Unha das primeiras é unha película francesa que se estreou en Estados Unidos co título A Modern Architect  o 14 de febreiro de 1913, segundo unha sinopse publicada na revista Moving Picture World, Arabella é unha arquitecta que ten problemas para construír a súa propia casa. Ao final cando xa a ten acabada, organiza unha festa e convida a tanta xente que o edificio se derruba. Como se ve o comezo cinematográfico das mulleres no mundo da arquitectura non pode ser peor.

A seguinte arquitecta aparece en Dr. Monica, unha película estadounidense, dirixida por William Keighley en 1934, e o seu nome é Anna Littlefield, interpretada pola actriz Verree Teasdale, deséñalle e constrúe unha clínica a unha amiga súa que é xinecóloga, o seu papel é secundario no argumento.

Tres anos despois unha arquitecta xa é a protagonista dunha película, de Quen conquista é a muller (Woman Chases Man), dirixida por John G. Blystone onde a arquitecta Virgina Travis, interpretada por Miriam Hopkins, para realizar un proxecto ha de convencer a un millonario dicíndolle:

«Xa se o que pensa que son unha moza, seguro que é iso»

e sen pausa lánzalle unha alegación pouca habitual para a época:

«Teño o valor dun home e ataco como un home, durante sete anos estudei como un home, investiguei como un home e non hai nada feminino na miña mente. Fai sete anos renunciei a un compromiso serio cun señor maior porque elixín ter unha carreira práctica, abandoneille á porta da igrexa para converterme en arquitecto e hoxe en día estou preparada e el está morto».

Ao final a arquitecta converterase na esposa do millonario. Respecto de España, o panorama é moi desalentador.

Polo momento só atopei catro personaxes que sexan arquitectas noutras tantas películas, todas estreadas neste século e a primeira é Andrea, Interpretada por Bárbara Lennie, en Todas as cancións falan de min, dirixida por Jonás Trueba en 2010. Esperemos que os cineastas do noso país atopen tramas adecuadas para que os seus protagonistas sexan mulleres que exercen a arquitectura.

Jorge Gorostiza, Doutor arquitecto.
Santa Cruz de Tenerife, outubro 2017
Autor do blogue Arquitectura+Cine+Cidade

Jorge Gorostiza

Doctor arquitecto, proyecta y construye edificios y desarrolla trabajos de urbanismo. Desde 1990, publica numerosos artículos sobre cine y arquitectura en medios de su localidad, revistas como Nosferatu, Nickleodeon, Academia, Lateral, Cahiers du Cinema… y en varios volúmenes colectivos. Entre el 2000 y el 2005 dirige la Filmoteca Canaria. Imparte conferencias sobre arquitectura y cine en instituciones como el CAAM en Gran Canaria, la UIMP, el CENDEAC en Murcia, INCUNA en Gijón, Fundación Telefónica, la ETS de Arquitectura y el CCCB de Barcelona, las ETS de Arquitectura de La Coruña, Sevilla, Valencia y SEU madrileña, La Ciudad de la Luz en Alicante, la UNED en Pamplona, en varios colegios de arquitectos, así como en las universidades del País Vasco, Gerona, Valladolid, Málaga, Granada, SEK en Segovia y CEES de Madrid. Jurado en varios festivales cinematográficos, como los de Alcalá de Henares (2001), San Sebastián (2002), Sitges (2003), Las Palmas (2005) y Documentamadrid (2005), y comisario de las exposiciones Constructores de quimeras. (Centro Conde Duque, Madrid, 1999) y La arquitectura de los sueños (Capilla del Oidor, Alcalá de Henares, 2001).

He publicado bastantes libros y muchos artículos, he impartido conferencias, he sido comisario de exposiciones y jurado en muchísmos festivales. Si quieren saber más no duden en consultar mi blog ARQUITECTURA + CINE + CIUDAD.

follow me

Arquivado en: capturas, Jorge Gorostiza

Tags: , , , , , , , , , ,