As capas dunha fiestra | Lourdes Bueno


Fotografía de Lourdes Bueno

De pequena visitabamos a casa das miñas tías moitas veces. Estaba moi preto da nosa, pero mentres eu vivía nun piso moderno elas facíano nun bloque antigo que hoxe aínda segue en pé.

Cada vez que entraba no seu salón me maravillaba a súa fiestra balconera.

Había algo nela que facía que o mesmo espazo fose diferente segundo a hora ou o mes no que estivésemos.

Durante o inverno as contras botábanse para intentar minimizar as perdas de calor a través das molduras estreitas de madeira. Cando a primavera empezaba a asomar a folla cega da contra abríase para descubrir unhas cortinas translúcidas que escondían a rúa pero que o sol conseguía atravesar e dar calidez á sala. Entre marzo e maio a ventá abríase de par en par dende pola mañá. O sol e os ruídos chegaban case ata a porta e podiámonos asomar protexidos pola varanda. Pero por fin chegaba o verán e a súa calor e entón aparecía a penumbra, unha suave sombra creada pola persiana de taboíñas de madeira que se botaba polo exterior, se derramaba pola varanda do balcón e só se levantaba nas noites en que non corría case nin a brisa. A rúa desaparecía entón outra vez e con ela os veciños de en fronte aos que xa non volveriamos ver ata que chegase setembro e de novo a suave luz do outono quentase as paredes do seu salón e pouco a pouco o ciclo volvía empezar.

Como a casa tampouco tiña telefonillo o balcón tamén era o lugar polo que botar as chaves para poder abrir a porta ou polo que simplemente saudar e desexar bos días cando iamos camiño do colexio.

Hoxe parece que perdemos esa relación coa climatoloxía, as miradas ou os ruídos e pechamos ou abrimos as nosas ventás sen asomarnos nin poñer atención ao que pasa a noso arredor.

Non obstante, hai pouco, durante unha visita ao casco histórico de Cádiz descubrín con alegría que alí os balcóns e peches, cos seus gradientes de relación co exterior seguían en uso.

Fotografía de Lourdes Bueno

O casco de Cádiz é moi condensado con vivendas antigas de catro e cinco plantas, sen ascensor en moitos casos, que nos seus inicios foron vivendas familiares que co paso do tempo se converteron en vivendas colectivas de alta densidade. Dispoñer nestas vivendas dunha saída ao exterior é todo un regalo. A persiana de taboíñas, agora de plástico, esconde ou permite descubrir interiores pequenos cheos de vida, pero tamén protexe a intimidade da roupa tendida secándose no balcón aproveitando o aire e resgardándose do sol.

Unha ventá ou un balcón poden ser só un oco na nosa fachada polo que entran a luz e o aire ou poden ser un albor no que pasan moitas cousas entre o exterior da rúa e o interior do noso fogar. De nós depende como o usemos.

Lourdes Bueno, arquitecta

Editora en arquitextónica

Sevilla, abril 2012

Arquitextonica.net es editada desde 2003 desde Sevilla por Lourdes Bueno Garnica y Miguel Villegas Ballesta. Desde hace un tiempo, decidimos sacar nuestra actividad profesional de aquí y trasladarla a villegasbueno arquitectura, así arquitextonica se quedó como nuestro espacio para la investigación, difusión y comunicación. Nos interesa dedicarnos a desarrollar e investigar en proyectos de arquitectura, con dos líneas fundamentales de trabajo.

La de vivienda social, alojamientos residenciales y arquitectura docente, que dirige Lourdes, y la diseño computacional y arquitectura para la sociedad de la información, que dirige Miguel. El trabajo que hemos venido desarrollando en arquitextonica.net desde el 2003 nos ha llevado también a trabajar por y para la difusión de la arquitectura y el diseño en internet, haciendo un énfasis especial en promocionar el talento de nuestro entorno. Lo llamamos #Ser_Red.

En la lista de etiquetas de la columna de la derecha puedes ver un registro más explícito de nuestros intereses. Si te interesa nuestro trabajo, no dudes en ponerte en contacto con nosotros.

follow me

Arquivado en: artigos, Lourdes Bueno - Miguel Villegas

Tags: , , , , , , , , , , , , ,