A voz do Viento · Sementes de transición

Jean Luc Danneyrolles, agricultor da provenza Francesa e Carlos Pons, documentalista Español, organizan unha viaxe cara a Granada ao encontro de proxectos sociais alternativos. Enrolan un cámara e parten durante os grandes fríos de Febreiro do 2012, levando consigo como moeda de cambio unha gran colección de Sementes.

O testemuño dun movemento que crece….Outro mundo é posible aqui e agora.

A voz do vento é un documental que enlaza a través da linguaxe audiovisual, tres viaxes en torno á urxencia dunha nova conciencia universal.

– Unha viaxe real/local: Unha viaxe de Provenza a Granada, seguindo unha liña de proxectos alternativos;
– Unha viaxe interior/persoal: Unha expresión dos conceptos, as reflexións e os sentimentos que se van xerando dentro;
– Unha viaxe colectiva/global: A idea dun novo mundo que germina no inconsciente colectivo. A utopía, o horizonte que continua avanzando.

Está baseado nunha viaxe de Provenza en Francia a Granada, realizado en febreiro de 2012 por Jean-Luc Danneyrolles, un agricultor Francés, productor de sementes ecolóxicas e participante do movemento polo decrecimiento e a rede de sementes campesiñas en Francia e Carlos Pons, realizador, técnico de son e activista polo decrecimiento e a soberanía alimentaria.

A idea é acariñar a esperanza de que o mundo evolucione finalmente máis aló do egoísmo, o materialismo, a corrupción e a competición, superando séculos de historia, cara a un mundo novo, de abundancia frugal e felicidade simple, onde a (re)conexión de xeito profundo coa natureza e o cambio radical na nosa relacion con todos os seres vivos pode ser a clave.

A pelicula pretende ser unha obra experimental, utilizando a linguaxe audiovisual para transmitir.

Datos sobre a viaxe:

– 21 días de viaxe, 5000Km.
– 35 Proxectos visitados.
– Máis de 200 persoas atopadas.
– 9 parques naturais.

Mapa do viaxe interactivo

Ver A Voz do Vento nun mapa maior

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: tv

Tags: , , , , , , , , ,