A televisión e o castelo de cartón | Jorge Gorostiza

O pai de Jorge comprou o aparato de televisión moi pronto, tanto que nin sequera empezaran as emisións nas Illas. A caixa era enorme, ou iso parecíalle a Jorge, e o seu pai coa paciencia e a habilidade que sempre tivera, converteuna nun castelo de cartón que case non cabía no comedor, polo que pronto desapareceu, tras sufrir danos irreparables cando Josechu caeu enriba e lle esmagou unha das torre.

A televisión, unha Körting alemá con laterais imitando madeira, colocouse na sala co sofá e as cadeiras de brazos voltas cara a ela e a vida da familia cambiou. Jorge recordaba ao seu pai e a súa nai lendo cada un un libro en silencio, ou escoitando un disco, tamén calados, a partir de que as primeiras imaxes penetraron na sala, o cuarto animouse, falábase, viñan amigos a ver os partidos, o seu pai chamaba mentireiros os presentadores do Telexornal… só había silencio durante algunhas películas.

A animación reinaba en fronte daquel aparato, algo así como o lume da cheminea que nunca tivese cabido naquel piso, e ao mesmo tempo unha ventá -iso si en branco e negro- aberta cara a outros lugares do Mundo. A ficción penetrara no lugar máis sacrosanto da realidade, no interior do fogar, e xa nada volvería ser como antes.

Os anos pasaron e moitos pensaron que aquel aparato non era digno de estar a ocupar un sitio privilexiado, polo que o ocultaron no chamado “cuarto da tele”, mentres ás veces colocaban outro no dormitorio. Agora había cor e despois máis cadeas polo que se podían ver programas distintos -aínda que no fondo idénticas- ao unísono.

Tiveron que chegar os televisores planos con grandes pantallas, para que os aparatos volvesen aos lugares de honra das salas, pero tamén apareceron nas cociñas, e nos dormitorios dos nenos, e ata nalgúns cuartos de baño. Eses aparatos non só servían para ver o que emitían as cadeas, para recibir información, senón que empezou a poder entrarse no seu interior, a que un fose o protagonista de aventuras insólitas e ademais uníronse a outros aparatos e convertéronse en intelixentes, dende as súas pantallas podíase controlar a propia casa… e os televisores transformáronse en algo máis que un mecanismo inerte, foron imprescindibles, e a ficción fundiuse aínda máis coa realidade.

O certo é que hoxe, medio século despois de que aquel televisor entrase na súa casa, Jorge acórdase perfectamente das primeiras imaxes que viu na súa pequena pantalla gris, pero case esqueceu como era o castelo de cartón que lle construíu o seu pai.

Jorge Gorostiza, arquitecto. Autor do blogue Arquitectura+Cine+Ciudad

Santa Cruz de Tenerife, febreiro 2011

Jorge Gorostiza

Doctor arquitecto, proyecta y construye edificios y desarrolla trabajos de urbanismo. Desde 1990, publica numerosos artículos sobre cine y arquitectura en medios de su localidad, revistas como Nosferatu, Nickleodeon, Academia, Lateral, Cahiers du Cinema… y en varios volúmenes colectivos. Entre el 2000 y el 2005 dirige la Filmoteca Canaria. Imparte conferencias sobre arquitectura y cine en instituciones como el CAAM en Gran Canaria, la UIMP, el CENDEAC en Murcia, INCUNA en Gijón, Fundación Telefónica, la ETS de Arquitectura y el CCCB de Barcelona, las ETS de Arquitectura de La Coruña, Sevilla, Valencia y SEU madrileña, La Ciudad de la Luz en Alicante, la UNED en Pamplona, en varios colegios de arquitectos, así como en las universidades del País Vasco, Gerona, Valladolid, Málaga, Granada, SEK en Segovia y CEES de Madrid. Jurado en varios festivales cinematográficos, como los de Alcalá de Henares (2001), San Sebastián (2002), Sitges (2003), Las Palmas (2005) y Documentamadrid (2005), y comisario de las exposiciones Constructores de quimeras. (Centro Conde Duque, Madrid, 1999) y La arquitectura de los sueños (Capilla del Oidor, Alcalá de Henares, 2001).

He publicado bastantes libros y muchos artículos, he impartido conferencias, he sido comisario de exposiciones y jurado en muchísmos festivales. Si quieren saber más no duden en consultar mi blog ARQUITECTURA + CINE + CIUDAD.

follow me

Arquivado en: capturas, cine, Jorge Gorostiza

Tags: , , , , , , , , , , , , ,