A moto de Molezún | José Ramón Hernández Correa

5 (100%) 1 vote

Estiven na exposición sobre “Fotografía e arquitectura moderna en España, 1925-1965″ da Fundación ICO de Madrid e sentín un montón de sensacións encontradas.

(É que son escritor, e os escritores dicimos iso de “sensacións encontradas”, e máis cousas).

Varias ideas confusas: O viejuna que se está a quedar a arquitectura moderna, o emocionantes que son estas obras tan pobres, o heroico que foi concibilas e construílas, o estupendas que son, o que se contradín moitas delas, a falsa imaxe de país moderno que queren proclamar pateticamente, etcétera.

E, dentro de todo isto que, como de costume, me supera, quedo cunha marabilla entre tantas marabillas: Quedo coa moto de Molezún.

Lambretta C125. Fabricada entre xsneiro de 1950 e novembro de 1951. 87.500 unidades.
125 cc. Peso: 70 Kg. Velocidade máxima: 60-70 Km/h. Consumo: 2 l/100 Km.

O xenial e disparatado arquitecto montouse nunha Lambretta e percorreuse Europa. Fai falta valor.

Hoxe todo iso é moi doado. O mundo é moi pequeno e témolo todo a man. Pero entón, poucos anos despois de rematar a  Segunda Guerra Mundial, un súbdito dun país illado, sometido a unha ditadura filofascista (anterior aínda á visita de Eisenhower e á conseguinte apertura timidísima ao mundo), tíñao realmente moi difícil para saír por aí de paseo. (Pasaporte, visados, permisos, cartas de boa conduta e de recomendación, certificados de penais…). A cousa era verdadeiramente chunga.

Para colmo, un arquitecto novo e prometedor non deixaba de ser un cidadán exemplar… se viaxaba en avión, vestía axeitadamente e durmía en bos hoteis. Iso era parte do status de arquitecto naquela época.

Pero que vai. Ramón (non Don Ramón, que sería o seu) non só viaxaba na súa motocicleta, senón que a levaba abarrotada de fardos, hatos, rolos de roupa, tenda de campaña, mochilas, cantimploras. Non daba a imaxe dun digno arquitecto español viaxando por estudo.

Dinamarca. Fotografía de Ramón Vázquez Molezún.
(En tódalas súass fotos sae a moto, chea de cachivaches)

Non nos facemos idea do que era España por entón. Un país pechado, sen apenas libros nin revistas do estranxeiro, sen información, sen medios de comunicación. Un arquitecto que quixese saber algo do que se estaba a facer polo mundo tiña que saír e velo cos seus propios ollos. Pero mentres tanto por aquí estaban a intentar inventar un “estilo español”, algo moi ambiguo e moi kitsch, e que dalgunha forma admitía certa modernidade na arquitectura sempre que entroncara cunha tradición de “o español”. ¿Onde estaba esa tradición? ¿Como acuñala?

Afortunadamente, a penuria hispana de posguerra fora moi condescendente coa falta de ornamento na arquitectura e cunha funcionalidade case perentoria. Por ese lado non iamos mal.

Pero por outra parte, ser arquitecto tiña moito prestixio por aquela época, e se un coqueteaba ou transixía co réxime tiña todas as papeletas para elixir unha amolecida poltrona sobre a que vegetar moi comodamente.

Había que ser un tipo raro (e un cu de moi mal asento) para complicarse a vida e buscarse incomodidades e leas.

A curiosidade dos máis talentosos era, por iso mesmo, irrefreable. (Todos os grandes arquitectos da época viaxaron todo o que puideron). A oportunidade de construír moito, de dar unha nova imaxe a todo un país, levaba aparellada a preocupación de como facelo, e a única aprendizaxe consistía en viaxar. E se se viaxaba moi devagar e cos ollos moi abertos, moito mellor.

A moto de Molezún por Europa. Pasoume a foto o meu compañeiro de twitter Arquitecto cabreao, @Arq_VLC. A moto de Molezún en Soonkooging, Suecia, detalle da ilustración anterior, pertencente a “As viaxes deas-velados de Ramón Vázquez Molezún”, de Marta García Alonso, que coñecín grazas a David García-Asenjo Llana (@dgllana)

A moto de Molezún sabía xa máis que calquera director xeral. A moto de Molezún respiraba arquitectura ata polo debuxo dos seus pneumáticos e polo seu guiador.

Nas tiras de positivos de contacto de Molezún vemos as grandes obras clásicas europeas, pero tamén as medievais e, sobre todo, as modernas.

E, por riba de todo, a súa moto. A súa magnífica Lambretta C125 de 1950.

Se vemos o cadro da moto, o seu guiador, o seu asento e o seu soporte para a roda de reposto non nos estraña nada que dese mundo de marabillas elementais saísen os paraugas de Bruxelas, e que o moteiro tolo, dos hatos enrolados sobre a súa moto desenrolase tanta arquitectura e tanta sabedoría. Loor a Molezún. Loor á súa moto.

Molezún e a Lambretta C125 en Roma.
(Grazas de novo a Arquitecto cabreao, @Arq_VLC)

As viaxes son sempre externas (ao mundo) e internos (a un mesmo). E naquela época máis. Por enriba do coñecemento da arquitectura, a moto de Molezún foi unha fonte e unha ferramenta de coñecemento de sociedades, de países, de civilizacións, de costumes, de vida, de xente. Por iso, o arquitecto Molezún, e sobre todo a persoa Molezún, fórono en gran parte pola Lambretta.

Ilustración de Manuel Suárez Molezún para el artículo de Mogamo (Molezún-Gabino-Molezún)
“Viaje de Estudios a Dinamarca”. Tomado del citado artículo de Marta García Alonso.

José Ramón Hernández Correa · Doutor Arquitecto

Toledo · xuño 2014

(Dedicado os tuiteros @dgllana, @ELBahut, @Arq_VLC y @anquela88 pola súa axuda.)

José Ramón Hernández Correa

Nací en 1960. Arquitecto por la ETSAM, 1985. Doctor Arquitecto por la Universidad Politécnica, 1992. Soy, en el buen sentido de la palabra, bueno. Ahora estoy algo cansado, pero sigo atento y curioso.

follow me

Arquivado en: faro, José Ramón Hernández Correa

Tags: , , , , , , , , , , , , , , ,