A eléctrica | Elías Cueto

La primera silla eléctrica, usada en la ejecución de William Kemmler en 1890 | Fuente: wikipedia.org
A primeira cadeira eléctrica, usada na execución de William Kemmler en 1890 | Fonte: wikipedia.org

Non todas as cadeiras son cómodas. Algunhas son deliberada e profundamente incómodas. É o caso da eléctrica, unha “creación” sobre a que Mary Bellis escribiu no marco do seu traballo sobre inventos e inventores. É posible coñecer todos os detalles deste deseño a través de “Edison and the electric chair: A Story of light and Death” de Mark Essig.

En 1886 o Goberno Estatal de Nova York abriu unha comisión lexislativa para estudar formas alternativas de pena capital. Nese mesmo momento Thomas Edison e George Westinghouse disputábanse o liderado empresarial nun sector económico novo: a subministración doméstica de electricidade

Electrocución de Topsy | Fuente: ireneu.blogspot.com.es
Electrocución de Topsy | Fonte: ireneu.blogspot.com.es

Edison ofrecía o servizo de corrente continua mentres Westinghouse apostara pola corrente alterna. A corrente alterna permitía fíos máis finos e por tanto era máis competitiva, con todo tiña un risco: daba cambras. Consciente desta debilidade na oferta do seu competidor, Edison lanzou en 1887 unha campaña de contrapublicidad na que utilizando corrente alterna electrocutaba animais e fotografábaos co obxectivo de alarmar á poboación. A electrocución dun pequeno elefante – Topsy- adquiriu o rango de espectáculo público coa presenza de máis de 1500 persoas.

1888 será o ano en que a lexislación do estado de Nova York recoñeza a electrocución como forma de execución da pena capital. Edison lograba así asociar a tecnoloxía do seu competidor non xa co perigo senón coa morte. Contratou para iso a un técnico, Harold Brown, e a un médico Fred Peterson, que traballaron no deseño da primeira cadeira eléctrica.

Diseño original de Edison | plongstreet.typepad.com
Deseño orixinal de Edison | plongstreet.typepad.com

O un de xaneiro de 1889 realizábase a primeira execución mediante electrocución. Westinghouse negouse a fornecer xeradores de corrente alterna para este fin pero General Electric -Edison+ J. P Morgan- encargouse de que esta peza fundamental da cadeira non faltase.

Elías Cueto, arquitecto
Santiago de Compostela, marzo 2011
Publicado en Nº 313 [sillas…]

Arquivado en: capturas, diseño, Xosé Suárez - Elías Cueto

Tags: , , , , , , , ,