A clase creativa e cidade capitalista | multipliciudades


Un interesante documental realizado por Tino Buchholz, Creativity and the Capitalist City. The Struggle for Affordable Space in Amsterdam explora o modo en que o traballo creativo é mobilizado por novas estratexias de desenvolvemento inmobiliario a través dunha serie de entrevistas que mostran a interacción do movemento okupa coa administración e os procesos de regeneración urbana en Amsterdam. Ademais dunha serie de actores locais, destaca a figura do geógrafo Jamie Peck, que aporta comentarios en cada unha das seccións do documental.

Non sei por que, pero non podo quitarme de encima a sensación de que as ideas de Peck e o discurso de Buchholz camiñan carreiros distintos: as críticas que o primeiro dirixe ao traballo de Richard Florida sobre a creative class e o modo en que se converteu nunha corrente de moda para xustificar novas roldas de gentrificación e exclusión urbana atopan no resto do documental un eco moi débil, manténdose o fío argumental nun terreo que, personalmente, paréceme polo menos ambiguo. En todo caso merece a pena o visionado; os que queiran contribuír a este proxecto, accesible online con licenza cc poden doar.

[…]

Álvaro Sevilla Buitrago

+ artigo publicado en multipliciudades

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: tv

Tags: , , , , , , , , , , , ,