A casa na arquitectura moderna


Este libro trata dos lugares dos doméstico na modernidade; vai dirixido a lectores interesados na arquitectura da casa, e nel vanse encontrar respostas á cuestión de se a vivenda moderna chegou a existir ou non.

Tras un breve percorrido por certos antecedentes decimonónicos, enúncianse as tarefas ás que se enfrontou a nova arquitectura da vivenda. A partir de aí faise unha descrición dos tipos e mecanismos de referencia para a definición da casa moderna e algunhas das máis coñecidas casas experimentais das primeiras décadas do século XX, o que permite documentar as súas verdadeiras posibilidades.

Móstrase logo que onde a investigación arquitectónica resultou ser máis rica foi na busca de modelos de agregación de unidades de vivenda, con todo o aparato experimental e político que permitiu a súa época. Un percorrido polos novos equipamentos, acompañado por unha mirada á cultura xaponesa, permite descubrir algúns mecanismos aplicados á variabilidade do espazo e o tempo domésticos. Finalmente demostrarase que a pregunta pola casa moderna tivo efectivamente respostas.

A casa na arquitectura moderna

Manuel Martín Hernández,

Editorial Reverté

ISBN: 9788429121247

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , , , , , ,