A arquitectura software. As ficcións visuais de Reyner Banham | Ignacio Grávalos – Patrizia Di Monte

Barbarella, de R. Vadim.

A arquitectura software.

As ficcións visuais de Reyner Banham.

En 1968 Reyner Banham escribiu The Triumph of Software1, un artigo que anticiparía un novo xeito de entender o mundo e que afectaría de xeito especialmente sutil á arquitectura. O seu discurso apoiouse principalmente en dúas películas que se estrearon ese mesmo ano e que lle permitiron ilustrar as súas teses.

2001: unha odisea do espazo, de S. Kubrik e Barbarella, de R. Vadim, ambas as dúas do xénero de ciencia-ficción, botaban lecturas moi distintas sobre a tecnoloxía espacial. A película de Kubrik, estaba baseada en O sentinela, un conto de Arthur C. Clark de 1948, mentres que a de Vadim, tiña a súa orixe nun cómic do mesmo nome creado por Jean-Claude Forest en 1962. Unha vez máis, íanse infiltrar a través das pantallas indicios de actitudes que, sustentados por unha potente linguaxe visual, pretendían imaxinar o futuro.

En 1957, a confianza no progreso e nos avances científicos materializábase co lanzamento ao espazo do Sputnik, o primeiro satélite artificial, e escenificábase coa Exposición Universal de Bruxelas de 1958 baixo o lema“por un mundo máis humano”. Unha década despois, este entusiasmo empeza a dar signos de esgotamento. En 1970 Roszak publica O nacemento dunha contracultura, que recolle unha nova sensibilidade e argumenta as inquietudes dunha incipiente e descontenta xuventude hippie, que viraba as costas ao mundo prometido pola ciencia, e se afastaba das promesas da modernidade para emprender un novo retorno á Terra. Nese momento, o desencanto polo futuro era xa manifesto. Non obstante, neste contexto, a visión de Banham permanece aínda optimista e as cuestións tecnolóxicas e espaciais manteñen aínda un carácter fundamental na evolución da arquitectura e a sociedade.

Secuencias de 2001, unha odisea do espazo. Interior da nave espacial.

Pero volvamos ás dúas películas. Esas dúas ficcións fílmicas sobre a deriva humana, presentaban dúas versións moi distintas sobre o futuro. 2001, unha odisea do espazo representaba, cunha precisión sen precedentes, a evolución dun universo mecánico. A nave espacial, xeometricamente definida, estaba constituída por unha serie de pezas metálicas ensambladas. Era unha sublimación da produción en serie, da montaxe, do articulado e do acoplamento perfecto de diversas pranchas modulables. E esta perfección estaba transmitida pola rixidez, o metálico e o uniforme. Os espazos podíanse descompoñer en planos euclidianos. E todo iso estaba realzado pola adopción de encadres herdeiros do Quattrocento italiano, con posicións do punto de vista centrais, simétricos, máis propios dun universo divino, na que desaparecía a posición subxectiva e humana en favor do obxecto. Do mesmo modo, os tripulantes da nave eran portadores de equipos espaciais que creaban unha pel superposta, axustados mecanicamente ás necesidades térmicas e tecnolóxicas necesarias. Un conxunto de mecanismos e conexións conformaban unha segunda silueta artificial que non deixaba entrever as peculiaridades dun corpo humano recuberto.

Secuencias de Barbarella. Interior da nave espacial.

Barbarella, non obstante, adoptaba unha posición ben distinta. Presentaba unha nave espacial forrada de pel, na que se perdera a cuestión mecánica e os interiores estaban definidos por unha pel continua, flexible e adaptable a unha xeometría difusa. Para subliñar este efecto, o tripulante, unha jovencísima Jane Fonda, presenta por primeira vez un axustado vestido de plástico (unha inspiración que sería desenvolvida por Pierre Cardin no mundo da moda).

Pierre Cardin. Colección inverno 1968.

É nestes detalles onde Banham intúe unha nova sensibilidade, propoñendo unha dialéctica entre o mundo hardware, ilustrado por 2001 e o mundo software, expresado por Barbarella. Esta última introduce o concepto “soft”, un novo xeito suave, personalizado, non estandarizada; un xeito brando de concibir os elementos construtivos, en que se mostran o flexible, continuo e adaptable” como configuradores dun novo ambiente sensible. Iníciase así unha posta en valor do plástico como material que será capaz de dar forma polimérica ás novas aspiracións de finais dos sesenta.

É alí onde aparece o Banham visionario, que detecta este cambio de actitude, un cambio que afectará á mesma arquitectura, convertendo Barbarella nunha peza de culto. Por un lado, preséntasenos a máquina de habitar, significada por unha serie de mecanismos necesarios para o acondicionamento do edificio. É doado imaxinar o Centro Pompidou como paradigma desta visión. Pola contra, o modo “software”, estaría máis relacionado coa máquina suave, con procesos metabólicos e interactivos, nesta ocasión representada pola arquitectura pop e moi especialmente polo grupo Archigram. Ponse de manifesto a importancia da pel como elemento regulador e transpirador que permite reaccionar e establecer un control do espazo segundo as interaccións do exterior. Neste marco, o autor establece unha relación entre a pel natural e a membrana artificial.

Banham, á súa vez, soña coa posibilidade dun material cultivable, orgánico, que puidese ir crecendo co edificio e ir dando respostas abertas, coa posibilidade dunha manipulación xenética dos novos materiais (peles, mofo, po, etc.)2. Do mesmo modo, propón unha arquitectura próxima ao obxecto de consumo, caducable e desbotable. E todo iso, programado para reaccionar a estímulos, para improvisar respostas, para saírse dun camiño lineal cara á morte.

Barbarella. Cápsula plástica.

A arquitectura promovida por Banham busca as referencias tecnolóxicas da cápsula espacial, dos incipientes ordenadores, dos elementos fundadores da era atómico electrónica, conformando o que el mesmo chamou a historia dun futuro inmediato”. A apoloxía dunha membrana plástica adaptable xa ensaiáraa tres anos antes no texto “A Home is not a House”, no que presenta o Environmental Bubble, unha burbulla de plástico habitable. A arquitectura pop, desenvolvida durante eses anos fundamentalmente polos Archigram, avanzaba nese sentido ata a súa disolución en 1974. A partir de entón estas propostas utópicas disolveríanse no tempo.

Anos despois, o sono metabólico sería substituído pola programación dixital. A paulatina desaparición das infraestruturas físicas sería substituída paulatinamente por unha nova pel formada por códigos e datos. O mesmo planeta, cubriríase cunha rede de satélites flotantes e redes de fibra… O mundo, aínda que noutro sentido, sería definitivamente software.

Ignacio Grávalos – Patrizia Di Monte. Arquitectos (estonoesunsolar)

Zaragoza-Venezia-Foggia. febreiro 2015.

Notas:

1 Publicado orixinalmente na revista New Society en 1968. Posteriormente foi recollido no libro Design by choice, publicado en 1981.

2 As cuestións relativas os novos materiais ecolóxicos foron estudiadas por Lydia Kallipoliti en The Soft Cosmos of AD’s ‘Cosmorama’ in the 1960s and 1970s.

Ignacio Grávalos – Patrizia di Monte

Ignacio Grávalos y Patrizia Di Monte fundan gravalosdimonte arquitectos en 1998, un estudio que trabaja en los diversos ámbitos de la arquitectura y del paisaje, participando en proyectos de actividad cultural, estudios de regeneración urbana, trabajos de arquitectura participativa y estudios experimentales sobre urbanismo de no conformidad. En la actualidad alternan la actividad profesional con la docente, así como la presencia en numerosos procesos de investigación en ámbito europeo.

Ignacio Grávalos es arquitecto por la ETSAB (Barcelona, 1994). Es profesor titular de Expresión Arquitectónica de la Escuela de Arquitectura de la Universidad San Jorge de Zaragoza.
Patrizia Di Monte es arquitecta por el IUAV (Venecia, 1995). En 1998 consiguió el título de máster (La Gran Escala) por la UPC y la suficiencia investigadora (tesis doctoral en curso). Ha sido arquitecta colaboradora Fund. Peggy Guggenheim en Venecia de 95-97, miembro de la comisión de cultura del COAA de 2003-06, miembro del comité cientifico Capitalidad Cultural Zaragoza 2016, profesora de Proyectos III de la Escuela de Arquitectura de la USJ de Zaragoza y actualmente es profesora de Urbanismo I. Obtienen el 1er premio concurso paseo marítimo en Torre Mileto, 1er premio concurso de ideas reforma C.O.A.A., 1er premio concurso bloque de viviendas en torre en Zaragoza, 1er premio concurso bloque de viviendas en el Canal Imperial Zaragoza, 3er premio concurso ideas internacional “Oficinas Expo 2008”, adjudicatarios de numerosos concursos de estudio sobre el Casco Histórico de Zaragoza.

Creadores del programa “estonoesunosolar”, iniciativa experimental de intervenciones temporales en vacíos urbanos para uso público, reconocida con 1er premio Saie Urban regeneration and development 2012, 1er premio Eurocities 2011 Participation, 1er premio Innovazione e Qualitá Urbana 2010, mención de investigación XI Bienal Española Arquitectura y Urbanismo, 2º premio SAIE Selection 10, 3er premio SMART Future Minds 2010, finalista premios FAD 2011, finalista City to City FAD awards 2012, finalista Future Cities awards 2012, ganadores convocatoria internacional “Architecture of Consequence” del NAI (ND) , obra seleccionada 6ª y 7ª Bienal Europea de Paisaje, mención XXII y XXVI premios de Arquitectura García Mercadal.

Entre sus últimas obras construidas se encuentra la escuela infantil del Casco Histórico de Zaragoza (en colaboración con S. Carroquino), que ha recibido el accésit premio Children in Scotland’s Making Space Awards 2010.

Han sido arquitectos invitados a: Congreso Eurocities Culture Forum 2009, Congreso Caceres Ciudades Creativas 2009, Congreso Ciudades Creativas 2010 (Kreanta), XIX Congreso Centro Iberoamericano Desarrollo estratégico Urbano en Mérida (Méjico), Reunión Agenda 21 para la Cultura en Belo Horizonte (Brasil), Xunta de Galicia, Ayto. de Sevilla, Ayto. de Vitoria, COAC, COAG, Master Arquitectura Medioambiental y Urbanismo Sostenible PAMUS de Univ. La Salle, Universidad Internacional de Andalucia, Universidad de País Vasco, Master Progettazione Interattiva Sostenibile e Multimedialità de Roma3, Master in Paesaggistica-Unifi/AIAPP/LUS Univ. di Firenze, Univ. Di Trento, Ayto. de Turín, Ayto. De Napoles, Milano Made Expo 12, SAIE 12 Bologna, Politecnico de Milán, Cité de l’ Architecture de París, DAZ de Berlín, Master Public Space Berlage Institute de Rótterdam entre otros.

follow me

Arquivado en: arquitectos, capturas, cine, Ignacio Grávalos - Patrizia di Monte

Tags: , , , , , , , , , , , , ,