A arquitectura da esencia. L. Barragan (1902-88) – A. de la Sota (1913-96)

A arquitectura da esencia: L. Barragán e A. de la Sota pretende, nun marco temporal acoutado ao século XX, abordar o proceso de ideación dende diversas ópticas, todas elas complementarias. Os autores dos textos desenvolven un aspecto da lóxica do proceso de proxecto, a través de diferentes visións das obras dos autores seleccionados. Cremos que as súas achegas servirán para botar luz sobre o rigor e a claridade dos criterios adoptados por Barragán e da Sota nos seus proxectos arquitectónicos. Lóxica do proceso que se revela na esencia dos proxectos, a arquitectura da esencia.

Barragán e de la Sota, nun evidente paralelismo no tempo, exercen o seu maxisterio nas dúas beiras do Océano Atlántico sometendo as súas creacións a un proceso de depuración continua. Este feito permítelles fundir o vernáculo co actual de modo independente da linguaxe arquitectónica empregada por ambos os dous.

As diferenzas que afloran entre os mestres enriquecen os respectivos discursos no proceso proyectual. Barragán manexa a escaseza de recursos materiais como unha arma creativa, cunha confianza cega no oficio. De la Sota explora as condicións da tecnoloxía do seu tempo e a utilización dos materiais en lugares para os cales non foron pensados nun inicio.

E todo iso, unido a un enriquecemento persoal mediante a formación nas nobres artes e o coñecemento doutros mundos arquitectónicos, configura o escenario no cal ambos os dous mestres desenvolverán as súas formulacións proyectuales nun intento por descubrir o oculto, o misterioso das cousas comúns. Esta actitude vital, introspectiva, de silencios, compartida por Barragán e de la Sota, condúceos por un camiño dunha linguaxe propia, persoal, mestura das súas vivencias persoais e as formulacións racionalistas da modernidade.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , ,