Xornadas De La Sota en Pontevedra. 1913-2013

O próximo día 20 de Outubro de 2013 cúmprese o centenario do nacemento do Arquitecto Alejandro de la Sota. Para celebrar esta efeméride organízanse unhas Xornadas en torno á súa persoa, ideas e obra, da man da súa familia, colaboradores e estudosos.

Nestas xornadas realizaranse visitas ás obras que levanto na súa cidade natal, Pontevedra, como son a Misión Biolóxica de Galicia, Pavillón de Deportes, Edificio de Vivendas na antiga rúa Gondomar agora Arquitecto da Sota (piso tipo, ático e azotea) e a Casa Domínguez da Caeira.

O aforamento destas xornadas é de só 40 persoas e gravaranse todos os actos para realizar unha pequena exposición cos resultados do encontro e así facer partícipe un maior número de persoas interesadas na obra de Alejandro de la Sota.

Días: Da tarde do vienres 18 a la tarde do domingo 20 de Outubro de 2013.

Lugar: Hotel Caneliñas. Portonovo.

Relatores: Juan de la Sota, José Manuel López-Peláez, Pedro de Llano, Manuel Gallego, Josep Llinás

Visitas as obras: Misión Biolóxica de Galicia, Pavillón de Deportes, Edificio de Vivendas na antiga rúa Gondomar ahora Arquitecto de la Sota (piso tipo, ático e azotea) e a Casa Domínguez de A Caeira.

Inscripción

Aberto o prazo do 27 de Setembro o 16 de Outubro.

Completa
Inclúe a asistencia ás conferencias, os desprazamentos e visitas ás obras, o aloxamento no hotel (2 noites – hab compartida) e os servizos de almorzos, comidas e ceas da tarde do venres ao mediodía do domingo. Prezo: 150eu/persoa.
Parcial
Inclúe a asistencia ás cinco conferencias, os desprazamentos e visitas ás obras e a comida do sábado 19. Prezo: 90eu/persoa.

A reserva de praza confirmarase mediante o ingreso en conta a nome do interesado/a (Nome e Apelidos) e anotando no concepto da transferencia: DelaSotaPontevedra. Número de conta: 3183/ 1500/91/ 0001210491 da Caixa de Arquitectos.

Tras realizar a trasferencia, pídese que os inscrit@s que envíen un correo electrónico co seu Nome, Apelidos, Correo e Teléfono ao correo: delasotaenpontevedra@gmail.com

Ver opciones de inscripción

Contacto e Consultas

A través do correo electrónico: delasotaenpontevedra@gmail.com

Ou directamente nos teléfonos: 881 885 132 y 692 159 512.

Organizan

Trespes Arquitectos

Colaboran

Fundación Alejandro de la Sota

Lledó Iluminación

Apoian

Hotel Caneliñas

Colexio de Arquitectos de Galicia

Tectónicablog

veredes

afasia

+ info

Relatores:

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: deriva

Tags: , , , , , , , , , , ,