Jørn Utzon. Conversas e outros escritos

“Os seres humanos experimentan os seus ámbitos en diferentes graos. Se un ten unha extrema sensibilidade pola incidencia da luz e das sombras, pola cor e polo espazo que o rodea, entón ten as calidades innatas dun arquitecto e un artista.

Se un non só é receptivo, senón que tamén ten un talento creativo e é capaz de expresarse de maneira que os seus compañeiros poidan entender e gozar a súa experiencia, entón posúe algunhas das calidades necesarias para converterse en arquitecto, en artista. A arte é a liberación das forzas creativas do teu interior”.

Jørn Utzon, 1983

Este libro combina algunhas conversacións mantidas co arquitecto danés Jørn Utzon cuns textos do propio Utzon que, dun xeito sinxelo pero elocuente, ofrecen as claves para entender a obra deste mestre da arquitectura contemporánea.

Moisés Puente é arquitecto, editor e tradutor de temas arquitectura. É editor da revista 2 GR e entre os seus libros encóntranse as edicións de textos de Alejandro de la Sota, Josep Llinàs, Mies van der Rohe, Jørn Utzon e Olafur Eliasson e monográficos sobre a obra doméstica de Mies van der Rohe e a obra de Alejandro de la Sota. En 2010 recibiu o Premio FAD de Pensamento e Crítica pola súa traxectoria profesional como editor.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , , ,