Isaac Díaz Pardo | Elías Cueto

Pasan xa máis de dous anos dende que grazas a Alfonso Mato e guiados por Isaac Díaz Pardo varios amigos tivemos a oportunidade de visitar o Instituto Galego de Información. Hoxe e logo de dubidar moito, permítome compartir algunha das imaxes tomadas naquela visita chamando a atención sobre as cadeiras deseñadas e fabricadas polo creador do Laboratorio de formas de Sargadelos.

Fotografía: Elías Cueto

É doado atopar no IGI un inxenuo deseño de asento que se adapta a diferentes situacións incorporando brazos ou cambiando o seu tapizado. Aparece nos despachos, no auditorio e mesmo na cantina. Realizadas mediante potentes táboas de madeira atornilladas a tope unhas contra as outras dun xeito básico e expresivo. As táboas son de piñeiro do país e adoitan o característico corte diagonal que afina a peza ao cegar ao chan facendo máis doado evitar que o conxunto asente mal.

Fotografía: Elías Cueto

A súa peza máis difundida é coñecida como a cadeira antropomórfica e foi montada en 1958. Neste caso atopámonos ante un deseño que busca conscientemente a innovación. Realizada en castiñeiro e fundición, a súa forma está cargada de intencionalidade. Máis aló do seu perfil de home sediente, a rusticidad das pezas que a compoñen e os acabados lembran certo apeiros tradicionais.

A particular redondez obtida polo desgaste do uso e as dimensións excesivas propias dos útiles agrarios caracterizan as curvas desta peza, curvas que pouco teñen que ver coas que usa o ebanista para alixerar o aspecto do moble e demostrar a súa habilidade. O uso da fundición dúctil amartillada que cose pezas simétricas lembra a construción de certo apeiros tradicionais. Xunto a esta peza atópase unha mesa poucas veces apuntada e cuxos patas lembran os máis innovadores deseños dos anos cincuenta e sesenta.

Fotografía: Elías Cueto

Dous anos despois imaxino as cadeiras de Isaac abandoadas nese espazo asediado que é o IGI. Mobles feitos a medida do seu autor, de reducidas dimensións e que inducen unha posición reflexiva e próxima á terra.

Fotografía: Elías Cueto

Elías Cueto, arquitecto
Santiago de Compostela, setembro 2012

Publicado en  Nº 313 [sillas…]

Elías Cueto

Es arquitecto técnico superior de urbanismo por la EGAP, doctor en historia de la arquitectura por la ETSAC y especialista en diseño de mobiliario por THK (Alemania. En 2015 recibió el V Premio Domingo Fontán de investigación histórica y es autor de dos monografías sobre historia moderna y diseño. Ha trabajado como diseñador para diferentes firmas y ha colaborados con dos Premios Nacionales de Arquitectura. Actualmente colabora con la industria de la madera en el ámbito del desarrollo de productos y la mejora e industrialización de procesos.

Arquivado en: capturas, diseño, Xosé Suárez - Elías Cueto

Tags: , , , , , , , ,