Interative Geographies: Paisaxes productivos na área metropolitana de Barcelona

A Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universitat Internacional de Catalunya (ESARQ-UIC) inaugura unha exposición na Sala Oval do Museu Nacional d’Art de Catalunya (MNAC) sobre o territorio metropolitano de Montcada-Besòs a partir dos traballos de fin de grao dos alumnos de arquitectura. Trátase de 31 proxectos que teñen como obxectivo a transformación da área de Montcada i Reixac.

Os proxectos foron dirixidos polos arquitectos e profesores Alberto Estévez, Miquel Lacasta e Juan Trias de Bes, xunto cos profesores das áreas técnicas e grazas á colaboración de diferentes técnicos da Administración pública.

Montcada i Reixac é, a día de hoxe, un lugar estratéxico e a súa condición de paso obrigado é, á vez, a súa forza para recuperar un territorio que, en vez de ser encadrado como un dos patios posteriores da cidade de Barcelona, ten que encontrar a súa identidade a partir da súa lóxica xeográfica.

A inauguración da exposición, titulada “Interative Geographies: Paisaxes produtivas na área metropolitana”, terá lugar o 22 de xullo ás 19 h cunha mesa redonda na que participarán os arquitectos Joan Roig, Daniel Mòdol, Miguel Roldán e Rosa Rull.

A exposición poderase visitar do 22 ao 29 de xullo na Sala Oval do Museu Nacional d’Art de Catalunya.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: conferencias, evento, exposiciones

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , ,