Ingmar Bergman. Arquitectos e Cineastas | Jorge Gorostiza

Ingmar Bergman & Sven Nykvist

Ás veces un tema vai aparecendo e vaise repetindo por azar e iso é o que pasou neste blog con textos que relacionan a rodaxe dunha película coa construción dun edificio, algo que subtitulei -non sei se con acerto- «Arquitectos e cineastas» e no que apareceron persoas tan diferentes entre si como René Clair, Sigfried Giedion, Amos Gitai e Viola Dana. Agora encontrei un texto do mestre Ingmar Bergman, un director que me pareceu no seu momento sobrevalorado, pero que agora debo confesar que cada vez me gusta máis, por exemplo, acabo de ver Soños e pareceume estupenda.

Oseu texto é o seguinte:

«Se me preguntasen cual gustaríame que fose o meu propósito xeral nas miñas películas, contestaría que quero ser un dos artistas dunha catedral. Quero construír a cabeza dun dragón, un anxo, un demo -ou quizais un santo- de pedra… Gustaríame interpretar a miña parte na construción colectiva da catedral».

Parece obvia a referencia relixiosa en alguén a quen se caracterizou e se estudou obsesivamente dende este punto de vista, pero recórdese que tamén Luis Buñuel comparou a rodaxe de Metrópolis coa construción dunha catedral. É interesante o punto de vista modesto dun autor como Bergman, ao que lle gustaría considerarse como unha parte dun todo, máis que como o único responsable dunha película, por iso -como xa escribín noutras ocasións-, cando se di «unha película de» un determinado director, se está a cometer unha inxustiza cos numerosos profesionais que interviñeron na súa creación, entre eles e non o menos importante, co director artístico ou escenógrafo cinematográfico.

Jorge Gorostiza, arquitecto. Autor do blog Arquitectura+Cine+Ciudad

Santa Cruz de Tenerife, septiembre 2011

Jorge Gorostiza

Doctor arquitecto, proyecta y construye edificios y desarrolla trabajos de urbanismo. Desde 1990, publica numerosos artículos sobre cine y arquitectura en medios de su localidad, revistas como Nosferatu, Nickleodeon, Academia, Lateral, Cahiers du Cinema… y en varios volúmenes colectivos. Entre el 2000 y el 2005 dirige la Filmoteca Canaria. Imparte conferencias sobre arquitectura y cine en instituciones como el CAAM en Gran Canaria, la UIMP, el CENDEAC en Murcia, INCUNA en Gijón, Fundación Telefónica, la ETS de Arquitectura y el CCCB de Barcelona, las ETS de Arquitectura de La Coruña, Sevilla, Valencia y SEU madrileña, La Ciudad de la Luz en Alicante, la UNED en Pamplona, en varios colegios de arquitectos, así como en las universidades del País Vasco, Gerona, Valladolid, Málaga, Granada, SEK en Segovia y CEES de Madrid. Jurado en varios festivales cinematográficos, como los de Alcalá de Henares (2001), San Sebastián (2002), Sitges (2003), Las Palmas (2005) y Documentamadrid (2005), y comisario de las exposiciones Constructores de quimeras. (Centro Conde Duque, Madrid, 1999) y La arquitectura de los sueños (Capilla del Oidor, Alcalá de Henares, 2001).

He publicado bastantes libros y muchos artículos, he impartido conferencias, he sido comisario de exposiciones y jurado en muchísmos festivales. Si quieren saber más no duden en consultar mi blog ARQUITECTURA + CINE + CIUDAD.

follow me

Arquivado en: capturas, cine, Jorge Gorostiza

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,