II Congreso Internacional `Arquitectura: O Común´

A Fundación Arquitectura y Sociedad celebrará a súa II Congreso Internacional, baixo o título “Arquitectura: O Común”, os días 20, 21 e 22 de xuño de 2012, no  Baluarte, Palacio de Congresos e Auditorio de Navarra. O Congreso contará coa presenza de catro arquitectos galardonados co Premio Pritzker: Álvaro Siza (Portugal, premiado en 1992), Rafael Moneo (España, premiado en 1996), Norman Foster (Reino Unido, premiado en 1999) e Eduardo Souto de Moura (Portugal, premiado en 2011).


As sesións estarán estructuradas en bloques temáticos, desde a mañá do mércores 20 de xuño, ata o mediodía do venres 22 de xuño. O primeiro será `Apertura´. Seguiranlle tres conxuntos de relatorios que levarán por título `Arquitectura e acubillo´, `Arquitectura e eficacia´ e `Arquitectura e pracer´. Para rematar, e como pechadura do Congreso, desenvolverase o bloque titulado `Conclusión´.

Dirixido por Luís Fernández-Galiano, no Congreso intervirán, ademais dos Premios Pritzker, os arquitectos Manuel Aires Mateus (Portugal), Solano Benítez (Paraguay), Roger Diener (Suiza), Dietmar Eberle (Austria), Anna Heringer (Austria) e Vasa Perovic (Serbia), entre outros.

O prazo de inscripción para asistir ao congreso atópase aberto, e o rexistro pode realizarse a través da páxina web.

+ arquitecturaysociedad.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: conferencias, evento

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , ,