I Curso en liña “Hábitat a Escala Humana”

DHabitat é un proxecto de Educación para o Desenvolvemento, que nace na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña en consorcio coa asociación Arquitectos Sen Fronteiras e co apoio económico da Xunta de Galicia.

Entre as actividades formativas e de sensibilización que forman parte do proxecto, inclúese a organización dun curso impartido en liña, titulado “Hábitat a Escala Humana”. Este curso deseñouse por Arquitectos Sen Fronteiras, sendo os materiais docentes realizados por destacados profesionais a nivel internacional.

O curso trata de introducir ao alumnado na diversidade de realidades e problemáticas actuais en relación coa habitabilidade e os Dereitos Humanos vencellados a ela, ademais de ofrecerlle ferramentas consolidadas para facer fronte a estas problemáticas dende un enfoque social. Así, é obxectivo do mesmo ese amplísimo grupo de poboación que tanto nos países menos favorecidos como nos contextos locais non soen ser atendidos pola arquitectura ou por outras disciplinas que traballan en torno ao hábitat. Trátanse de ámbitos profesionais e mesmo xeográficos, hoxe emerxentes, xeralmente ausentes nos plans de estudos das escolas de arquitectura.

PROGRAMA

O curso completo estructúrase en 5 módulos temáticos. A carga lectiva de cada módulo estímase en 20h, e para o curso completo 100h, de xeito que se prevé unha adicación semanal de 5h para o seu correcto seguemento. Os materiais docentes están disponibles en galego e en castelán. Solicitaránse créditos de libre elección e recoñecemento académico pleno para alumnos da Universidade da Coruña.

MÓDULO 1    Dereito ao hábitat e a cidade     10-30 Marzo

MÓDULO 2    Habitabilidade básica     7-27 Abril

MÓDULO 3    Xestión social do hábitat     5-25 Maio

MÓDULO 4    Intervención social             2-22 Xuño

MÓDULO 5    Tecnoloxías apropiadas     30 Xuño – 20 Xullo

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: cursos-talleres, evento

Tags: , , , , , ,