I Concurso de Arquitectura Richard H. Driehaus

I Concurso de Arquitectura Richard H. Driehaus

Presentámoslles a I Edición del concurso de Arquitectura Richard H. Driehaus, convidándolles a participar e a difundir a iniciativa entre quen poida estar interesados.

Trátase dun Concurso Internacional dirixido a promover a práctica dunha arquitectura e un urbanismo que preserven e dean continuidade ás tradicións locais.

Ten dúas fases:

– unha primeira de procura de posibles temas e emprazamentos. Por iso animamos aos municipios españois a que presenten propostas antes do próximo 3 de outubro. De todas as presentadas, un xurado internacional seleccionará tres localizacións.

– a continuación convocarase un concurso internacional de deseño arquitectónico e urbano, no que se premiará o mellor proxecto para cada un dos tres emprazamentos seleccionados, cunha dotación de 12.000 euros. Ademais, o xurado poderá outorgar ata tres menciones de 2.000 euros por cada localización.

Na web atoparán as bases para participar na primeira fase do concurso.encontrarán las bases para participar en la primera fase del concurso.

O Concurso foi organizado, grazas ao apoio do Richard H. Driehaus Charitable Lead Trust, por INTBAU (International Network for Traditional Building Architecture and Urbanism), o Ministerio de Fomento, a través da Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Chan, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral de Belas Artes e Bens Culturais e de Arquivos e Bibliotecas, o Premio Rafael Manzano Martos e o Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: concursos, evento

Tags: , , , , , , , , ,