Green Architecture Now! (Vol.01)


«Os máis fermosos e sorprendentes “edificios verdes”. Protexer o medio non só é unha opción interesante, é a actitude máis intelixente.»

Stern.de, Hamburg, Alemaña

Philip Jodidio e a editorial Taschen, editan o volume número 1 da serie Green Architecture Now!. Este número, cos subtítulos de arquitectura verde, arquitectura ecolóxica e arquitectura sostible, reune obras de distintos estudos do mundo (David Adjaye, Tadao Ando, Shigeru Ban, Ecosistema Urbano, etc) que tiveron presente na concepción dos proxectos, o impacto que estes terían sobre o medio.

“A pegada ecolóxica é considerada na actualidade un dos indicadores máis relevantes para avaliar os impactos xerados sobre o medio, e pode ser usado conxuntamente con outros indicadores, como a pegada de carbono.”

Solís Guzmán

Aínda que o concepto de pegada ecolóxica1 está presente como elemento de proxecto en todas obras seleccionadas, Philip Jodidio, considera que desta selección de proxectos ecolóxicos, podería resumirse con en tres das obras publicadas neste monográfico.

Pasen e xulguen vostedes mesmos.

Nota:

1 A metodoloxía de cálculo aplica o indicador aos recursos (enerxía, auga, man de obra, materiais de construción, etc) empregados e os residuos xerados no proceso de construción da edificación residencial, obtendo que extensión de superficie equivalente sería necesaria para subministrar eses recursos e absorber eses residuos.

O impacto ecolóxico das novas construcións, otrora consideración secundaria, converteuse nos últimos anos nun asunto crucial. Os edificios mal deseñados engolen recursos naturais e contaminan o seu ámbito. Nunha era na que se dispararon os custos enerxéticos e a degradación ambiental, a necesidade dunha arquitectura sostible e enerxeticamente eficiente resulta primordial. O presente volume analiza a estética emerxente e preséntanos aos arquitectos, artistas e despachos á cabeza dunha nova arquitectura verde, entre os que destacan Tadao Ando, Shigeru Ban, Diller Scofidio + Renfro, Zaha Hadid, Morphosis e moitos máis.

Philip Jodidio (nado en 1954) estudou historia da arte e economía na Universidade de Harvard e foi editor xefe da revista Connaissance deas Arts durante máis de vinte anos. Entre as súas publicacións, encontramos a serie Architecture Now! de TASCHEN, así como as monografías sobre Tadao Ando, Norman Foster, Richard Meier, Jean Nouvel e Zaha Hadid. É recoñecido en todo o mundo como un dos escritores de arquitectura máis populares.

Texto pre-imaxe, Alberto Alonso Oro. Post-imaxe, Taschen

+ info

Alberto Alonso Oro

Arquitecto y editor en veredes, arquitectura y divulgación. Invernalia es un buen lugar. A veces escribo en Fundacion Arquia.

follow me

Arquivado en: Alberto Alonso Oro, libros, publicacións

Tags: , , , , , , ,