Francisco Javier Sáenz de Oíza. Escritos e conversas

“Un arquitecto cando ten verdadeira forza interior ha de dicir con García Lorca, romperei todos os partenones pola noite e levantareinos pola mañá. Eu son desa opinión. Claro que me din: “pero se ten que vivir dos encargos, con este xeito de pensar terá poucos”; e tiven poucos encargos e non son bo, con isto quero dicirlle que se eu tivese sido bo aínda tería tido menos encargos. Nalgún momento a sociedade humana tería que tomar conciencia de que, efectivamente, a masa é a masa e a minoría é a minoría. Punto. Eu non acudo á masa para operarme do corazón, senón a unha minoría que sabe do corazón.”

Francisco javier Sáenz de Oiza

Navarro, de Cáseda (1918). Casado con María Felisa Guerra en 1957, e con sete fillos. Fillo de arquitecto, de familia numerosa, é o maior de nove irmáns, dous deles brillantes enxeñeiros de camiños co que discute, aprende e se compara, sobre a matemática e o número. Estuda arquitectura en Madrid onde remata en 1946 (premio Aníbal Álvarez ao mellor expediente académico), e dos seus anos de carreira recorda moito a Torres Balbás e a Modesto López Otero. Viaxa cunha bolsa a Estados Unidos en 1948. Esta viaxe ao continente americano é fundamental na súa traxectoria. Ao seu regreso inicia o labor docente ao que se dedicará toda a súa vida; as mañás transcorren nas súas clases de Proyectos ata ben entrada a hora de comer, e as tardes e noites no seu estudo. Con grande ansia de aprender mostra admiración por todo e así saberá de literatura, poesía, xeometría, filosofía, navegación a vela, coches, motos, barcos, viajes…De grande habilidade manual, confecciona todas as maquetas do seu estudo a gran velocidade, ademais de reparar calquera cousa que un se lle puxese por diante. Moi polemista, é partidario da transmisión oral dos seus coñecementos e por medio das obras de arquitectura. A maior parte é froito de concursos gañados (centro comercial en Vigo- en construción -, centro cultural en Villaviciosa de Odón, museo de Las Palmas, pazo de festivais de Santander, vivendas na M-30, Facultade de ciencias de Córdoba, sede do Banco de Bilbao en Madrid, basílica de Aránzazu…) É importante na súa vida a relación co escultor Jorge Oteiza, co que ademais colaborará en diferentes proxectos (Fundación Oteiza en Alzuza, Centro Cultural Celeiro, capela no Camiño de Santiago, a comentada proposta en Aránzazu…), e co promotor navarro Juan Huarte (Torres Brancas, Cidade Branca en Alcudia…) Muy interesado na vivenda social (vivendas experimentais en Carabanchel, Batán, Entrevías…), na casa (para Arturo Echevarría, Juan Huarte, en Durana, Talavera de la Reina…) e na vila (vila Fabriciano). Entre os seus edificios institucionais tamén se debe recordar o edificio Torretriana en Sevilla e a Universidade Pública de Navarra en Pamplona. No seu estudo traballaron brillantes arquitectos e grandes amigos: Rafael Moneo, Juan Daniel Fullaondo, Paco Alonso, Javier Vellés, Alfonso Valdés, José Carlos Velasco, María Luisa López Sardá, Martínez-Garrido, Ricardo Aroca….y moitos máis. Catedrático de Proxectos III e Fin de Carreira na Escola de Arquitectura de Madrid, deixa unha profunda pegada entre os seus profesores e alumnos. Consideraba un motivo de satisfacción ter exercido de xurado en máis de cen concursos de arquitectura, na maioría deles por proposta dos concursantes. Recibe a Medalla de Ouro ao Mérito nas belas Artes (1987) e o Premio Príncipe de Asturias das Artes (1993), entre outros. Non deixa de traballar ata o seu falecemento en Madrid en xullo do ano 2000.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , ,