Anacos de Aalto | Jorge Meijide

5 (100%) 1 vote

Lappia Hall. Imagen Carlos Meijide. 1974-76
Lappia Hall. Imaxe Carlos Meijide. 1974-76

As dúas pezas cerámicas de Aalto entran o estudo do meu pai en 1974 despois da súa viaxe1 a Finlandia. El tiña tiña trinta e oito anos, eu nove, e tardaría outros tantos en saber do seu creador, pero desde entón o finés ocupa un lugar destacado no meu ser arquitectónico.

As pezas son de perfecta factura, coidadosamente proporcionadas, tersas e extrañamente sensuais nas súas formas. Son fermosas.

Pieza esmaltada en azul cobalto, plana y con bordes redondeados
Peza esmaltada en azul cobalto, plana e cos bordes redondeados

Ambas proceden do Lappia Hall de Rovaniemi, máis concretamente do edificio do teatro, por entón en construción. Tamén se poden atopar, as mesmas ou variacións delas, nos outros edificios que compoñen o conxunto cívico proxectado por Aalto a modo de gran piazza cívica en 1963: o concello, o primeiro en proxectarse (1963-66) e o último en construírse (1985); a biblioteca, o primeiro en construírse (1965-68) e proxectada despois da de Seinäjok; e o teatro, o Lappia Hall, que inclúe tamén os estudos de radio e música, e cuxo proxecto se desenvolve en dúas fases, entre 1969-72 (os estudos de radio e música) e 1972-76 (o teatro).

As pezas cerámicas son o recubrimiento das fachadas, formado por unha combinación de pezas cerámicas brancas semicilíndricas e pezas planas chamadas Acha, a palabra finlandesa para conxelado. Todas elas fabricadas pola casa de porcelana finesa Arabia2. Aalto fai referencia a iso na memoria do seu museo en Jyväskylä (1971-1973).

Pieza blanca, mate y semicircular
Peza branca, mate e semicircular

As dúas pezas son distintas, esmaltada en azul cobalto, plana e con bordos redondeados unha; e branca, mate e semicircular a outra. Aínda que son distintas ambas posúen unha mesma relación de familia que as fai reconocibles. Ambas transmiten nas súas formas a elegancia de don Alvar, coidadoso ata os detalles, as súas dimensións, forma e deseño, reflícteno. É difícil non pensar nelas como en pequenas partes do todo que comprende a totalidade da obra do finés.

Jorge Meijide . Arquitecto
Coruña. Novembro 2017

P.D: Algún día penso plantalas, coma se de sementes de tratase, a ver se me crece un pequeno Aalto no xardín… pero témome que non

Notas:

1 Na maleta tamén viña un coitelo de Tapio Wirkkala, asinado na folla e cunha funda de coiro, que foi o que realmente me fascinou e non esas dúas “baldosas”. Hoxe téñoo nunha vitrina (as pezas están no altar…).

2 DDa mesma casa Arabia chegou na maleta.

Breve texto para TectónicaBlog pedido por C. Quintáns ao fío de dúas pezas de cerámica de A. Aalto. Setembro 2011, revisado en novembro 2017.

Arquivado en: faro, Jorge Meijide

Tags: , , , , , , , , , , ,