Forzar a máquina. Lee Lozano

Lee Lozano. Ream, 1963. Óleo sobre lienzo. Blanton Museum of Art. University of Texas, Austin. Donación de Mary y James A. Michener, 1968
Lee Lozano. Ream, 1963. Óleo sobre lienzo. Blanton Museum of Art. University of Texas, Austin. Donación de Mary e James A. Michener, 1968

Ao longo da década dos sesenta do século XX e en tan só doce anos, Le Lozano (Newark, 1930-1999) desenvolveu unha obra radicalmente provocadora, urxida por un firme cuestionamiento de todas e cada unha das estruturas impostas socialmente. A súa traxectoria coincide coa eclosión dos movementos civís, antibélicos e o espírito reivindicativo, libre e desenfado que emerxeu naqueles anos no horizonte político e estético norteamericano.

Esta retrospectiva aborda a capacidade de Lozano para entender e incorporar as casuísticas dun período que redefiniu as condicións cambiantes da arte e a súa progresiva desintegración na vida. A súa recepción de Herbert Marcuse, quen en Eros e civilización (1955) avogara pola sensualidade e o xogo, así como o seu interese recorrente pola ciencia e, particularmente, os fenómenos relacionados coa enerxía e o rigor matemático, vertebran a súa breve carreira e articulan esta mostra.

A selección de obras presentadas inclúe un volume excepcional de debuxos e pinturas de gran carga erótica realizados entre 1961 e 1963. Estas pezas conxugan órganos do corpo e utensilios de traballo nun híbrido agresivo e devorador. O ano 1964 marcou un punto de inflexión na súa obra, tanto en termos de formato como de cor virando cara a unha paleta máis austera. Detalles sobredimensionados de ferramentas industriais ocuparon entón os primeiros planos, imprimindo unha tensión ameazadora, propia da cadea de produción en serie. Estes obxectos de turbadora ambigüidade e contornos definidos aínda reteñen unha afastada referencia sexual que traslada certa sensación de risco.

Ao redor de 1965 vólvese máis abstracta e minimalista, centrándose no que a artista denominou  “pinturas de enerxía”. Nelas a experiencia da espacialidad conséguese mediante a intersección de planos xeométricos que xeran efectos ópticos. Lozano comezou de maneira temperá a conceptualizar a súa práctica pictórica mediante cálculos matemáticos que a levarían a perforar o lenzo. A rigorosidade e precisión deste método culminou nas Wave Series (1969-1970), obra especialmente significativa para as súas investigacións sobre a enerxía e o impacto das ondas electromagnéticas.

Paralelamente, entre 1968 e 1969, realizou numerosos traballos lingüísticos de carácter conceptual e performativo, que se baseaban no estrito seguimento de instrucións autoimpuestas. As consecuencias desta imparable desmaterialización foi Drop Out Piece (1972), un manifesto desencantado no que Lozano renunciou a formar parte do sistema da arte, dando así fin á súa meteórica carreira e apartándoa para sempre da escena artística.

Lee Lozano
Forzar la máquina
31 maio – 25 setembro, 2017 / Edificio Sabatini, Planta 3

Arquivado en: evento, exposiciones

Tags: , , , , , ,