Fin a 43 años de terror

ETA anunciou este xoves o fin a 43 anos de terrorismo con 829 vítimas mortais. A banda anunciou ao sete da tarde a través dun comunicado, escrito e en vídeo, que difundiu nas edicións dixitais dos diarios Gara e Berria , o “cesamento definitivo da actividade armada” sen pór condicións. O comunicado, lido por tres encapuchados, limítase a solicitar “un diálogo directo” co Goberno para resolver as “consecuencias do conflito”, isto é, a situación de presos e os etarras que viven na clandestinidade, e superar o que chama “a confrontación armada”. Con este comunicado, difundido a un mes exacto das eleccións do 20-N, responde á petición que o pasado luns lle fixeron seis personalidades internacionais nunha conferencia en San Sebastián e o martes a esquerda abertzale.

[…]

Luis R. Aizpeolea

+ artigo publicado en el pais

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, premios

Tags: , , , ,