Ficción Inmobiliaria

A FICCIÓN COMO REXISTRO [Found Footage Inmobiliario]. Ficción Inmobiliaria recompila material formado por películas de ficción onde as problemáticas asociadas á cuestión da vivenda aparecen na trama principal ou cruzadas con esta. A ficción rara vez trata sobre lugares; na ficción importa a historia. Pero se atendemos á localización, sen deixar de poñer atención á trama, poderemos acceder a parte do coñecemento fílmico almacenado na imaxe audiovisual. Analicemos ese residuo de coñecemento obxectivo do contexto filmado:

Algunhas cidades resultan un escenario paradigmático para as tramas inmobiliarias. Nova York, Londres ou Los Ángeles son escenarios en transformación constante, dos que algunhas películas supoñen un rexistro do que borrou o progreso.

¿Que queda hoxe do edificio que conseguiu resistir á demolición grazas á axuda duns pequenos pratos voantes en Batteries not includes (estreada en España como Os Nosos marabillosos aliados)? Dado que a historia transcorre nun edificio solitario en medio dos entullos, explicaba o produtor Ronald Schwary, tiñamos que encontrar un terreo baldío con edificios queimados arredor. Finalmente decidímonos por un edificio real na 8th Street entre as avenidas C e D no Lower East Side de Nova York. O edificio xa non existe. No seu lugar encóntrase hoxe a subestación da Oficina de Vivenda, nun ámbito ben diferente. O Lower East Side foi o escenario de grandes transformacións urbanas.

Poucos anos antes da filmación de Batteries not includes, ese mesmo escenario foi testemuña dunha forte alianza entre a industria cultural e mercado inmobiliario. Comezaba o proceso de gentrificación do Lower East Side, acompañado e potenciado por unha rápida mercantilización da subcultura local. Downtown 81 é un caso singular: unha ficción representada polos mesmos protagonistas da vida real. Máis interesante que o seu biopic Basquiat, esta ficción deixa entrever certa consciencia do artista instrumentalizado. Sen dúbida, non a suficiente, como xa manifestasen coetáneos menos marketinianos: Por máis contracultural que pareza a súa pose, a usencia total de auto-reflexión política condenou a arte do Lower East Side á reprodución da cultura dominante.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: tv

Tags: , , , , , , , , , , , , ,