FicArq. III Festival Internacional de Cine e Arquitectura de Oviedo 2015


A terceira edición do FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE Y ARQUITECTURA (FICARQ) celébrase do 6 ao 12 de Xullo (2015) en Oviedo. Trátase de buscar os vínculos entre o cine e a arquitectura dando formato a un tipo de Festival cinematográfio onde o ESPAZO é protagonista e onde, por uns días, Oviedo e o Principado de Asturias, se sitúen no epicentro da actividade cultural internacional. Por iso, un dos principais obxectivos é enmarcar o FICARQ nunha rede de Festivais de Cine e Arquitectura que se celebran arredor do mundo como son: Rotterdam, Venecia,Puebla, Chile ou Lisboa.

O artista Ricardo Villoria asina a campaña do Festival Internacional de Cine e Arquitectura que este ano se celebrará en Oviedo do 6 ao 12 de xullo

Convócase a 3ª EDICIÓN DO FICARQ, o Festival Internacional de Cine e Arquitectura de Asturias, que se levará a cabo na cidade de Oviedo do 6 ao 12 de xullo do 2015. Invitamos a participar neste a todos os creadores e cineastas interesados mediante o envío das súas obras audiovisuais antes do próximo 20 de xuño.

TRES SECCIÓNS COMPETITIVAS

O prazo oficial para a recepción de obras audiovisuais interesadas en participar en FICARQ 2015 péchase o 20 de Xuño de 2015. A convocatoria de participación está dirixida moi especialmente a Universidades de Arquitectura e Universidades ou Escolas de Cine e/ou Audiovisual no territorio español e en México, país invitado nesta edición do Festival.

• ARQUITECTURAS FILMADAS.
Películas documentais e docudramas relacionados coa arquitectura, o urbanismo,el patrimonio industrial e a cidade.

• O CINE QUE VÉN.
Longametraxes de ficción filmadas nun “espazo” imprescindible para a obra e polo tanto protagonista indiscutible da narración, sexa unha cidade, casa, cuarto, ámbito, paisaxe, etc.

• MICROMETRAXES.
Concurso para pezas inferiores aos 2 minutos de duración, cuxo tema estea relacionado cos espazos en desuso, lugares esquecidos ou ignorados pero con presenza e expresión por se mesmos.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: cine, concursos, evento, premios

Tags: , , , , , , , , , , , ,