Feira Fanfunzine

Rara vez a autoedición viaxa. Nós trouxémola nas maletas.
Porque nos gustan os papeis grampados, as fotos, os textos, o que se fala e o que se pensa. E porque cremos en que a produción independente necesita alimentarse, e queremos dalo de comer. Invitáronnos á festa e nós invitámosvos a vós tamén. A selección non é abundante, pero está aquí (E veu de Brasil a xuntarse con marabillas ibéricas autoeditadas!). O FanFunZine bautizouse en Porto ( Portugal, Portugal, Portugal / todos che coñecen tarde e mal), foise de Erasmus a Sao Paulo e agora traémolo a Madrid. Dous días opíparos, porque as boas conversacións son sentados á mesa.

O venres temos, para abrir boca, unha Merenda Tropical. Ás cinco, e esperamos que se alongue ata o prato principal, que chegará ás oito e media, coa sesión de Zine Fanzine.

O sábado levantámonos tarde, a iso das doce que é a hora do vermú, que se fai longo e xa, pois comes. Seguro que dá tempo mesmo a unha sesta antes das seis. Café, té, pastas e conversacións con autores, grazas. E para pechar, ás nove, canas, cacahuetes, samba.

[cando]
venres 20 xuño de 16:00h a 22:00h
sábado 21 xuño de 11:00h a 22:00h

[onde]
espazo B: Rúa Buenavista 39, Madrid, España
espacioB

A Convocatoria
Vendedores de Humo organiza a edición española de FanFunzine, feira internacional de publicacións independentes relacionadas co ámbito das universidades de arquitectura e o deseño.

Esta feira que leva celebrándose dende 2010 en Sao Paulo, ten o propósito principal de mostrar, promover, distribuír e vender o traballo dentro da ilustración, o deseño gráfico, a fotografía, o debuxo, o gravado… O tema e o formato das publicacións é libre e aberto.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, ferias

Tags: , , , , , , , , , , , , ,