Fenómenos concretos en territorios difusos

“Fenómenos concretos en territorios difusos” son unhas xornadas divulgativas sobre investigación urbana que se desenvolverán o xoves 30 e o venres 31 de maio de 2013 no salón de actos da ETSA da Coruña.

O obxectivo das xornadas é dar coñecer unha serie de prácticas investigadoras que, desde diversas formas de ruptura coa estabilidade dos dualismos clásicos como teoría-práctica, obxetivismo-subxetivismo ou academia-sociedade, achegáronse á cuestión urbana dunha forma tan ilusionante como plenamente científica.

Non se trata polo tanto de investigacións abordadas desde o instrumental e as metodoloxías máis vinculadas ás prácticas urbanísticas como a planificación territorial ou o proxecto urbano (e que na actualidade viran en torno ao optimismo espertado pola generalización do uso dos SIG, e o pesimismo derivado da deslegitimación profesional post-burbulla inmobiliaria), senón de procuras inmersas nas propias derivas persoais de cada un dos invitados (César Losada, Maurici Pla, Xoán Mosquera e Álvaro Domingues) a través de campos e conceptos como a filosofía, a linguaxe, o activismo ou o ordinario.

Nun momento no que ao redor do urbanismo, a xeografía ou a cartografía reúnense numerosas disciplinas e axentes sociais interrogándose pola súa incapacidade para comprender as dinámicas delfilos territorio actual, estas xornadas tratarán de incentivar o interese pola investigación urbana como medio de análise das formas de vida contemporáneas, a través das súas correlatos espaciais, e como lanzadera de propostas materializables en discursos, procesos ou cousas urbanas non limitadas exclusivamente ás lóxicas do capital.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: conferencias, evento

Tags: , , , , , , , , , , ,