faro

Arquitectura-Arte (III) | Óscar Tenreiro Degwitz
25-09-2015 Sen comentarios

Arquitectura-Arte (III) | Óscar Tenreiro Degwitz

Toda obra de arte, non importa o seu maior ou menor valor relativo, aspira a manterse intacta a través do tempo en espera de ser vista, lida, executada, representada. E precisamente por iso, para conservalas e protexelas do paso dos anos é polo que existen os Museos e as Bibliotecas. Pero coa arquitectura a situación é diferente. Suponse nela a […]

A beleza da dureza | Íñigo García Odiaga
18-09-2015 31 comentarios

A beleza da dureza | Íñigo García Odiaga

Un par de publicacións e catro edificios acabados de forma exquisita presentaron ao público a obra e a traxectoria do arquitecto nado en Maracaibo, Venezuela, pero de formación suíza, Christian Kerez. Tras obter a súa titulación en 1998 no instituto federal de tecnoloxía de Zúric comezou a súa andaina profesional como fotógrafo de arquitectura. Hai arquitectos cuxa formación depende de […]

O oco pequeno mira lonxe | Sergio de Miguel
11-09-2015 26 comentarios

O oco pequeno mira lonxe | Sergio de Miguel

A mirada atenta require unha dirección e un sentido, pero tamén un tamaño. Un recorte. Na importancia de mirar está o saber concentrar o sentido da vista e o entendemento. En recoñecer os límites do que merece a pena observar con ánimo de ser aprendido. Coma se dun telescopio ou un microscopio tratásese mirar a través dun pequeno oco é […]

Arquitectura-Arte (II) | Óscar Tenreiro Degwitz
28-08-2015 Sen comentarios

Arquitectura-Arte (II) | Óscar Tenreiro Degwitz

Diecía a semana pasada que a arquitectura cabalga entre o utilitario e o poético e que esa condición que puidese chamarse híbrida fai que cualificar de artista a un arquitecto polo feito de selo resulta estraño, malia que a calquera escritor, poeta, músico ou pintor, malo ou mediocre, se lle dá ese título, porque se supón que fai arte1, aínda […]

O misterio de Peter Zumthor | Sergio de Miguel
21-08-2015 28 comentarios

O misterio de Peter Zumthor | Sergio de Miguel

Dicíase que Kandinsky gozaba do don da sinestesia. Esa cualidade pola cal os sentidos entran en comunicación. Pola que, por exemplo, vénsenos á mente unha imaxe cando escoitamos unha determinada música, ou pola que lembramos un aroma cando estamos nun determinado lugar. El aplicábao á pintura. Ese era o seu oficio. E desde a súa particular condición tentaba objetivizar as […]

Revisións | Antonio S. Río Vázquez
07-08-2015 Sen comentarios

Revisións | Antonio S. Río Vázquez

«O texto reclama e pide unhas tesoiras para que o corten en anacos e o recompoñan noutro texto desprazando un pouco máis alá. Despois, como cando se fai un bo destilado ou un queixo, colócase o texto coidadosamente nun caixón e ao cabo dun tempo sácase para sometelo ao intento de ver as súas liñas dende outro ángulo, distinto ao […]

Arquitectura-Arte (I) | Óscar Tenreiro Degwitz
31-07-2015 Sen comentarios

Arquitectura-Arte (I) | Óscar Tenreiro Degwitz

Parece de todo innecesario preguntarse hoxe se a Arquitectura é ou non unha Arte, pregunta que estivo moi presente nos anos sesenta a raíz do esforzo dos sectores marxistas de insistir na súa condición utilitaria cualificando a visión “artística” como unha desviación decimonónica. Porque xa hoxe todos os grandes museos de arte contemporánea teñen moi activos departamentos de arquitectura e […]

Instrumentos de medida do tempo (IV) | Jorge Rodríguez
24-07-2015 Sen comentarios

Instrumentos de medida do tempo (IV) | Jorge Rodríguez

Instrumentos de medida do tempo (III) | Jorge Rodríguez ‘Cando emprendas a túa viaxe a Ítaca. Pide que o camiño sexa longo, Cheo de aventuras, cheo de experiencias.’ Constantino Cavafis Imos pechando o caseto, que todos queremos praia e esmorga, e en verán un bo sarao apetece ata os domingos. E xa postos a pechar, saldamos esta serie que empezou […]

Nós | Antonio S. Río Vázquez
10-07-2015 Sen comentarios

Nós | Antonio S. Río Vázquez

unha historia do «esforzo grego por construír un espazo humano onde fose posible a xustiza e onde o destino común estivese rexido pola vontade dos homes», revisando os progresivos logros na creación da cidadanía e, con ela, da verdadeira política «O único camiño que nos queda a nós para chegar a ser grandes, mesmo inimitables se iso é posible, é […]

Un ensaio sobre Peter Zumthor | Santiago Carvajal
03-07-2015 Sen comentarios

Un ensaio sobre Peter Zumthor | Santiago Carvajal

Nacido en 1943 en Basilea (Suíza), formouse como ebanista, deseñador e arquitecto na Kunstgewerbeschule de Basilea e no Pratt Institute de Nova York. Dende 1979 ten o seu propio despacho en Haldenstein, Suíza; e é profesor na Accademia dei Architettura de la Università della Svizzera Italiana en Mendrisio. Peter Zumthor gaña o premio Pritzker no ano 2009, considerado por moitos […]

Asuntos pendentes | Silvia Blanco Agüeira
26-06-2015 Sen comentarios

Asuntos pendentes | Silvia Blanco Agüeira

En maio de 1958 o arquitecto e crítico italiano Bruno Zevi lanzou un ataque furibundo contra a Exposición Universal de Bruxelas, describíndoa como unha feira das vaidades, na que cada edificio loitaba pola atención do público1. Mesmo Miguel Fisac bramou contra o alarde estrutural, o formalismo estéril e a extravagancia arquitectónica sen contido presentes en dito evento2. Nin tan sequera […]

O arquitecto da soidade | Sergio de Miguel
19-06-2015 Un comentario

O arquitecto da soidade | Sergio de Miguel

Souben del por casualidade. Arquitecto de París, tivera a oportunidade de traballar nos seus anos de formación con Le Corbusier, alá polo primeiros cincuenta. Na época da Unidade de Habitación de Marsella ou a Capela de Ronchamp. Agora atópaselle nunha illa do Mediterráneo, nunha casa feita por el fai xa vinte anos. Unha casa, dixéronme, auto suficiente. Era verán, estaba […]

A concertación de Libera e Malaparte | Marcelo Gardinetti
12-06-2015 Sen comentarios

A concertación de Libera e Malaparte | Marcelo Gardinetti

“O que ordena aquí a casa é a autosuficiencia que permite ao ceo e a terra, aos deuses e aos mortais formar unha única unidade coas cosas”.1 Durante a década de 1930, en pleno proceso de consolidación do movemento moderno, a transformación da calidade plástica do obxecto dunha parte da produción arquitectónica Europea, foi resultado do interese dalgúns arquitectos pola […]

Objet trouvé [04] : Sostres e o radiador de laa casa “MMI” | Rodrigo Almonacid
05-06-2015 2 comentarios

Objet trouvé [04] : Sostres e o radiador de laa casa “MMI” | Rodrigo Almonacid

A mediados dos 50 do século XX, o arquitecto catalán Josep Maria Sostres (1915-84) abandona o ámbito pirenaico da súa localidade natal da Seo de Urgel para dar comezo á súa etapa máis brillante vinculada ao litoral mediterráneo. En menos dunha década é capaz de proxectar unha serie de obras que reflicten unha gran sabedoría e un oficio disciplinado, que […]

A arquitectura pública en Madrid e no inicio do século XXI (VII) | Antón Capitel
29-05-2015 Sen comentarios

A arquitectura pública en Madrid e no inicio do século XXI (VII) | Antón Capitel

O Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid abandonou a súa sede tradicional da rúa de Barquillo, como é ben sabido, e pasou a ocupar o novo edificio da rúa de Hortaleza, no soar do que foron no pasado as Escolas Pías de San Antón. Iso despois dun concurso, gañado polo arquitecto Gonzalo Moure, que realizou a obra e a finalizou […]

Un premio de obra | Luis Gil Pita - Cristina Nieto Peñamaría
22-05-2015 Sen comentarios

Un premio de obra | Luis Gil Pita – Cristina Nieto Peñamaría

Un premio de obra. Apuntes sobre a Praza do Curro en Noia. Salgado e Liñares arquitectos Falar de arquitectura é difícil, moito, facela aínda máis, por iso imos intentar ser breves e non entorpecer con palabras innecesarias o achegamento aos excepcionais e renovadores valores que a obra de Praza do Curro en Noia de Salgado e Liñares, achegan ao entendemento das […]

O primeiro Le Corbusier | Sergio de Miguel
15-05-2015 44 comentarios

O primeiro Le Corbusier | Sergio de Miguel

A traxectoria dos primeiros anos de Le Corbusier como arquitecto, nas primeiras décadas do século XX, estivo dedicada case con exclusividade á investigación en torno ao tema da vivenda e caracterizouse por estar infestada de procuras e achados, de invencións e redefinicións, que tiveron unha gran importancia non só na súa arquitectura posterior senón, ademais, na de moitos dos seus […]

Invisible | Antonio S. Río Vázquez
08-05-2015 Sen comentarios

Invisible | Antonio S. Río Vázquez

«En tres tempos divídese a vida: en presente, pasado e futuro. Destes, o presente é breve, o futuro dubidoso, o pasado certo; pero este, que ningún imperio pode volver atrás e no que perdeu xa o seu dereito a fortuna, é o que non gozan os ocupados, por faltarlles tempo para poñer os ollos no pasado». Séneca: Da brevidade da […]

Da Lucidez e do Tempo | Miquel Lacasta Codorniu
01-05-2015 Un comentario

Da Lucidez e do Tempo | Miquel Lacasta Codorniu

Andamos en tempos revoltos, que dúbida cabe. A confusión, como unha pegajosa melaza, envólvenos e prívanos do tempo necesario para observar como se desprega a realidade. Ante tanto tumulto, hai que saber manter un perfil, un xeito de interactuar estratéxica, máis que táctica. Cando se aposta por unha actitude de atenta espera, os outros o chaman relativismo. Moi poucos o […]

Os mapas. Unha apropiación do mundo | Ignacio Grávalos - Patrizia Di Monte
24-04-2015 Sen comentarios

Os mapas. Unha apropiación do mundo | Ignacio Grávalos – Patrizia Di Monte

“Podo usar un espello, que mostran as cousas como se ven, ou podo usar un mapa, que mostran as cousas como son pensadas.” E. Gombrich Un mundo de papel. Os mapas constitúen unha representación gráfica do territorio. Pero, tamén á súa vez, sempre constituíron un instrumento de ideoloxía e poder. Responden á necesidade de situar procesos e feitos, tanto pasados […]

A montaña habitada | Sergio de Miguel
17-04-2015 26 comentarios

A montaña habitada | Sergio de Miguel

1. O homo sapiens, o ser humano, leva 200.000 anos sobre a terra, aínda que dalgunha maneira a nosa historia poida que comezase fai tan só 30.000, nese remoto instante no que un primeiro antepasado sentiu a necesidade de representar, exteriorizar e plasmar o seu pensamento, naquel momento en que a súa intelixencia soubo traspasar o límite animal e actúo […]

Instrumentos de medida do tempo (III) | Jorge Rodríguez
10-04-2015 Sen comentarios

Instrumentos de medida do tempo (III) | Jorge Rodríguez

Instrumentos de medida do tempo (II) | Jorge Rodríguez ‘Nada se parece ao amor como a nova paixón dun artista que inicia o delicioso suplicio do seu destino.’ Honoré de Balzac ‘Quen, adolescente de xenio, non palpitase ao presentarse ante un mestre, faltaralle sempre unha corda no violín, unha pincelada, un sentimento profundo na obra e certa expresión de poesía.’ […]

Joaquín Costa, 21 | Antonio Giráldez López
03-04-2015 Un comentario

Joaquín Costa, 21 | Antonio Giráldez López

Joaquín Costa, 21 “Volvémonos pobres nas experiencias do albor. Penetrar no sono é quizais a única que hoxe queda –mais, con iso, tamén o espertar–” Walter Benjamin, Obra de los Pasajes. “A porta é o sinal físico dunha singularidade, e como todo sinal, debe repercutir no que a atravesa e cambiar en algo a súa percepción, o seu movemento ou o seu […]

Modelos | Antonio S. Río Vázquez
27-03-2015 Un comentario

Modelos | Antonio S. Río Vázquez

«O Laboratorio rexistra un extenso número de intentos e teorías que van dende as de Ruskin e Morris, aos racionalistas, constructivistas e productivistas rusos co seu Vchutemas, e outros laboratorios, ata as últimas experiencias de Bill, Maldonado, etc., pasando polo exemplo máis coñecido en occidente do Bauhaus». Fragmento do manifesto do Laboratorio de Formas Actualmente exponse na galería José de la […]

O espazo da ausencia | Marcelo Gardinetti
20-03-2015 Sen comentarios

O espazo da ausencia | Marcelo Gardinetti

A posición crítica que adoptaron algúns arquitectos nas últimas décadas do século XX para combater o carácter historicista da arquitectura posmoderna, foi sustentada por un razoamento teórico complexo que se asistía de conceptos multidisciplinares xurdidos do postestruturalismo, principalmente dos textos de Jacques Derrida. Estas reflexións arquitectónicas indagan a definición do espazo físico mediante un proceso que analiza as diferenzas entre […]

A favor da perplexidade | Sergio de Miguel
13-03-2015 Sen comentarios

A favor da perplexidade | Sergio de Miguel

Entre a ignorancia e a certeza, entre o escepticismo e o dogmatismo, existe un territorio, unha perturbación moi fértil. Sutil. Tensa. O estado mental máis afortunado do complicado xogo de propósitos, vaguidades, preferencias, cálculos e sentimentos en que se converte toda busca creativa. Toda actitude vital. Trátase dun suspiro interno, animado pola dúbida, a sorpresa e o asombro. Polo método, […]

Da segregación | Pedro Hernández
06-03-2015 Sen comentarios

Da segregación | Pedro Hernández

Fai uns días o blog de arquitectura Inhabitat apuntaba –máis ben cuestionaba– a existencia dun edificio en Nova York que dispoñía de dúas entradas: un acceso “para pobres” situado na parte lateral e outro, situado na fachada principal, por onde poidan acceder as persoas máis podentes. O texto apunta que, aínda que “a segregación racial foi abolida nos EE.UU. en […]

Visións | Antonio S. Río Vázquez
27-02-2015 Sen comentarios

Visións | Antonio S. Río Vázquez

«Aínda que retiremos engadidos culturais ou lingüísticos, nunca encontraremos, debaixo, un lugar puro -e aínda menos un Espazo ou Tempo puro-. O que encontraremos son cualificacións continuas e cambiantes sobre os lugares particulares: lugares cualificados polos seus propios contidos e cualificados polas distintas maneiras en que estes contidos son articulados (indicados, descritos, discutidos, narrados, etc…) nunha cultura determinada». Edward S. […]

Introdución ás novas formas e espazos de traballo na Sociedade Rede | Marc Chalamanch
20-02-2015 Sen comentarios

Introdución ás novas formas e espazos de traballo na Sociedade Rede | Marc Chalamanch

Entrados no s.XXI, a nosa sociedade estase a adaptar a unha rápida transformación dos modelos imperantes no século precedente, áchase inmersa nunha transición cara a un novo paradigma informacional1. Estes cambios afectan a cada cidadán nos ámbitos colectivos e privados, e esvaen as fronteiras que existen entre eles poñendo en crise límites da sociedade industrial. Estamos a reformular como relacionarnos […]

“Habitar unha memoria fráxil, só vivible dende o interior” | Antonio Giráldez López
13-02-2015 Un comentario

“Habitar unha memoria fráxil, só vivible dende o interior” | Antonio Giráldez López

“Habitar unha memoria fráxil, só vivible dende o interior”1 “A vivenda define o espazo privado mentres ao espazo dos demais; é un recinto de privacidade, un espazo de acontecementos persoais. Os seus límites, que definen ese mundo onde vai acumulándose a nosa experiencia, son fronteiras complexas, tensas e ricas e situacións e poden ser dende membranas ata espazos habitables en […]