Farmacia-Vivienda] en Salvaterra do Miño | Patiño+Prieto

lugar

ubicada no núcleo rural de o cerdeiral, á configuración alargada da parcela hai que añadirlle restricións urbanísticas que obrigan a un retranqueo respecto das vías que a rodean, resultando unha banda edificable de 4-5 metros ó largo da mesma.

programa

a propiedade pretende o traslado da farmacia en funcionamento a escasos metros desta parcela, mantendo o mobiliario e dotacións presentes na mesma, así como a construción dunha vivenda, independente pero relacionada, atendendo así a un dobre programa situar nun cruce de vías principais de servizo dese área rural.

concepto

trátase de converter a limitación inicial na razón de ser do proxecto. a estreita banda edificable de menos de cinco metros converterase no recurso articulador do programa que se situará en torno a ela. desta forma plantéxase unha cuberta lineal de zinc que se deformará e pregará para construír a vivenda, a farmacia e os espazo intermedio, permitindo a separación e á súa vez a vinculación formal e funcional dos seus programas.

execución

a execución realizarase en dúas fases. en primeiro lugar construirase o volumen da farmacia dada a urxencia da tramitación de ése proxecto. a banda alargada córtase e prégase sobre si mesma á espera da edificación da vivenda nunha segunda fase.

Obra: Farmacia + Vivenda en Salvaterra do Miño

Autores: Faustino Patiño Cambeiro+Juan Ignacio Prieto López

Colaboradores: Adriana Pérez, Diego Hermida, Michelle Brodeschi, Óscar Sánchez [colaboradores do estudio en diversas fases do proxecto]

Promotor: Elena Rey Sio, farmacéutica

Aparelladora: Mónica Cabaleiro

Constructor: Carlos Carballas

Emplazamento: Salvaterra do Miño, Pontevedra. Galicia. España

Ano: 2007-2010

Fotografía: Héctor Santos-Díez | BISimages

+ [en construcción]

+ premios

XI Bienal Española de Arquitectura y Urbanismo_ Obra Seleccionada [2011]

XIV Premio COAG de Arquitectura_Obra primeira, Obra de Arquitectos no comezo da súa carreira profesional_ Primeiro Premio [2011]

Premio COAG Gran de Area 2008

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, equipamiento sanitario, obras, vivienda unifamiliar

Tags: , , , , , , , , , ,