Patrimonio. Facultade de Filoloxía e Tradución | Desiderio Pernas

O antigo Colexio Universitario de Vigo (coñecido polos vigueses polo acrónimo de CUVI), na actualidade Facultade de Filoloxía e Tradución, é o xerme do que hoxe é a Universidade de Vigo. O Campus de Vigo, vella reclamación da sociedade viguesa, nace precisamente por mor das protestas levadas a cabo polas forzas vivas da cidade de Vigo para presionar á Universidade de Santiago de Compostela. Finalmente a Universidade de Santiago de Compostela cede e autoriza a creación dun centro no que se imparta o primeiro ciclo para o ensino de Filoloxía, Ciencias Económicas e Ciencias Químicas e Biolóxicas, pero aínda dependente da universidade compostelá. Este ilusionante proxecto recibe o lóxico apoio da Caixa de Aforros Municipal de Vigo, que financia o proxecto e encarga o seu deseño ao arquitecto Desiderio Pernas, co que xa traballara con anterioridade no Polígono de Coia. O emprazamento escollido para levar a cabo o proxecto é no monte de Lagoas – Marcosende. Esta decisión, causou gran controversia no seu día e o seu eco aínda resoa na actualidade.

Facultade de Filoloxía e Tradución. Desiderio Pernas.1977 | arquitecturavigoblogspot.com

O solar onde se levantaría o edificio presentaba un gran desnivel. Este desnivel é resolto por Desiderio Pernas fragmentando o proxecto en varios edificios. Así, a difícil orografía, lonxe de ser un problema, dota dunha gran personalidade ao conxunto. Cabe salientar como, unha vez máis, Desiderio Pernas fai que a natureza non desapareza, senón que sexa soporte do seu deseño. A solución ideada consiste nun edificio principal e tres pavillóns para cada área docente. Cada pavillón docente está conectado cos outros mediante corredores porticados. Con todo, cada edificio transmite un carácter independente grazas á distancia que os separa.

[…]

leonardo

+ artigo publicado en arquitecturavigo.blogspot.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectos, capturas, equipamento docente, patrimonio

Tags: , , , , , , , , ,