Exposición Archizines

ARCHIZINES celebra o resurximento das revistas alternativas e independentes de arquitectura a nivel mundial. A exposición itinerante, curada por Elias Redstone en colaboración con Architectural Association, reúne 100 fanzines, revistas e boletíns de máis de 20 países que provén unha visión alternativa á literatura arquitectónica establecida. Editado por arquitectos, artistas e estudantes, estas publicacións promoven novas plataformas para o comentario, a crítica e a investigación dos espazos nos que habitamos e practicamos a arquitectura. Nelas lógrase facer unha importante, e moita veces radical, adición ao discurso arquitectónico ademais de demostrar o amor pola palabra imprimida en medio da era dixital na que nos encontramos.

A exposición mostra os exemplares orixinais xunto con entrevistas aos seus realizadores en video. Seleccionouse un número para representar cada publicación, os cales están dispoñibles para a consulta dos visitantes. O proxecto ARCHIZINES foi presentado inicialmente en liña para catalogar, celebrar e promover esta explosión da actividade editorial. A páxina web e a exposición itinerante continúan evolucionando a medida que novas publicacións se presentan ou son descubertas. Dende o seu lanzamento en Londres no 2011, o proxecto foi exposto en Barcelona, Nova York, Berlin, Tokyo, Osaka, na bienal de Venecia (2013), entre outros.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, exposiciones

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , ,