España: ¿universidades malas e titulados bos? | Antón Capitel

Manuscritos e incunables, Universidade de Salamanca | cervantesvirtual.com

Agora, cando tantos titulados universitarios españois se van traballar fóra porque non teñen outro remedio, chégannos noticias abundantes de que son ben, mesmo moi ben, aceptados, pola súa alta formación e eficacia. Estas son, polo menos, as miñas noticias, en termos xerais. Os licenciados universitarios españois son considerados fóra como ben preparados e son aceptados ben en postos de traballo.

Agora, ben, ¿como se casa isto coas noticias, tan caras á prensa española, de que as nosas universidades son malas, ocupando en rankings internacionais postos moi baixos? ¿Son malas as universidades, pero bos os licenciados? ¿Non será o contrario? ¿Se son bos os licenciados non son boas as universidades? Non outra proba de lume que esta.

España, como outros países latinos (Portugal, Italia…) fixo en boa medida unha gran revolución social por medio das universidades. Os nosos países, economicamente malos, multiplicaron, non obstante, o coñecemento, e fixeron que as clases dirixentes (isto é, os que ocupan a administración, a empresa, as institucións) sexan hoxe en bastante medida procedentes da clase media, media-baixa e ata baixa. Nisto, España polo menos, cambiou por completo. Ter moitos universitarios non será nin económico nin funcional, pero eleva a cultura e o saber dos cidadáns e revoluciona a composición da sociedade.

Distintos son os países nórdicos, os xermanos e os anglosaxons, onde, ao contrario do que se di, se freou o acceso dos cidadáns á universidade e, así, ao alto coñecemento. Nos países nórdicos o freo é unha estrita selectividade, con “numerus clausus” moi apertados. En Alemaña é unha cousa mixta, selectividade e diñeiro. En Estados Unidos e Inglaterra, máis sinxelo: o diñeiro como selección principal. O certo é que os países occidentais e nórdicos,tan narcisistas e tan prestigiados, puxeron unha dura bota contra a cara das clases medias, medias-baixas e baixas, obrigándoos a permanecer na súa orixe social e permitindo que só os ricos (moitos deles en boa medida ladróns) purifiquen coa universidade os seus a miúdo inconfesables orixes.

Temos moitos universitarios, válennos de pouco. Pero por fortuna, poden emigar a países que, como Inglaterra ou Alemaña, non producen suficientes médicos ou enxeñeiros e teñen que pedírllelos aos países PIGS, isto é a España, Portugal, Italia e Grecia, que son países corruptos e pobres, pero, mire vostede, non tan malos no coñecemento. Os chamados países bos teñen mal organizadas as Universidades e non teñen titulados abondo: isto é, teñen diñeiro e industria, pero, en realidade, moi pouco coñecemento. Só saben aquilo co que poden vender.

Continuaremos sendo países malos, seguro. Pero contribuiremos enormemente á mellora do coñecemento no mundo. Son arquitecto e por iso sei que no mundo, en xeral, mellorará moito a arquitectura, porque irán (foron) a traballar fóra moitos novos arquitectos españois.

Os licenciados españois son moi bos e moi ben aceptados. Porque as Universidades españolas son boas e eficientes. Souberon educar ben masas populares. Quizais isto sirva para pouco, pero así é.

Antonio González-Capitel Martínez · Doutor arquitecto · catedrático en ETSAM

Madrid · xullo 2013

Antón Capitel

Es arquitecto y catedrático de Proyectos de la Escuela de Arquitectura de Madrid, fue director de la revista Arquitectura (COAM) de 1981-86 y de 2001-09. Historiador, ensayista y crítico, ha publicado numerosos artículos en revistas españolas y extranjeras sobre arquitectura española e internacional. Entre sus libros destacan diferentes monografías sobre arquitectos.

follow me

Arquivado en: Antón Capitel, faro

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , ,