Espazo multifuncional para deportistas con discapacidade | Estudio Serrano + Baquero

serrano-baquero_terreno-de-juegos_04

Handisports é unha empresa que se encarga de xestionar e ofrecer servizos deportivos a persoas con discapacidade, xa sexa intelectual, física ou sensorial, e/ou en risco de exclusión social. A finais do ano 2014 encárganos a construción dunha nova sede para albergar as súas oficinas e aulas de formación nun local de 80 m2.

O proxecto responde á demanda do cliente ofrecendo un terreo de xogo onde non só albergar os traballos de xestión e formación senón tamén onde poder realizar actividades deportivas que normalmente levan a cabo noutros lugares alugados. Desta forma o traballo de oficina convértese nun xogo máis dentro dun espazo pensado para ir transformándose dependendo das necesidades, os días e o horario.

A nosa proposta consistiu na elaboración dun manual de instrucións de xogo para o espazo, establecendo un conxunto de tácticas ou regras para a xestión do terreo de xogo dependendo das diferentes actividades.

A construción no local é sinxela e consistiu na eliminación de todos os revestimentos existentes, deixando á vista os elementos construtivos orixinais. Para a creación do novo terreo de xogos dispúxose un chan deportivo onde debuxamos liñas superpostas correspondentes ás diferentes actividades e unhas cortinas translucidas móbiles que, suspendidas do teito, axudan a delimitar as actividades cando se necesita pero que non impiden o paso da luz producindo un xogo de sombras que axuda a percibir o espazo como dinámico e activo.

Obra: Terreo de xogos. Espazo multifuncional para deportistas con discapacidade.
Emprazamento: Zaidín, Granada, España
Autores: Juan Antonio Serrano García e Paloma Baquero Masats
Colaboradores: Maxime Rousseau, Ziwei Li.
Tipoloxía: Espacio Inclusport
Cliente: Handisports Servicios Deportivos Adaptados S.L.
Presuposto: 20.7OO euros
Superficie: 80 m2
Fotografía: Javier Callejas Sevilla | Estudio Serrano+Baquero
Ano: Marzo 2014 – Maio 2015
+ serranoybaquero.com

Premios

Selecionados na 5ª Edición (2O14-2O15) dos premios da fundación Arquia Próxima.
Seleccionados na Bienal Iboeroamericana de Deseño de 2016. BID’16

Publicacións

Libro 24 Seleccionados en Arquia Próxima. Convocatoria 2014-2015. ISBN: 978-84-617-4584-5
Catálogo da Bienal Internacional de Deseño. BID 2016

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, equipamiento deportivo, obras, reforma interior, rehabilitación

Tags: , , , , , , , , , ,