Eso din · Xoan Mosquera

O próximo xoves 17 de outubro terá lugar unha nova sesión de sesións coloquio de arquitectura, Eso din. Nesta ocasión, o convidado será Xoan Mosquera. A sesión dividirase en media hora de presentación do arquitecto e outros trinta minutos de coloquio informal co público.

Iso din é un ciclo de sesións-coloquio que se celebra o primeiro e terceiro xoves de cada mes entre as 20:00h e as 21:00h na planta baixa do Taller Creativo No Importa (rúa San Andrés, 46); nel participan arquitectos galegos pertencentes a distintas xeracións coa intención de presentar un amplo espectro de enfoques da disciplina, sempre cunha reflexión acerca do papel do arquitecto no momento actual como pano de fondo.

“Cando a autovía descobre unha cara no envés da cidade”.

Pola formulación do ciclo de conferencias, centradas no coloquio sobre a idea de arquitectura que ao inicio propón o relator, organízase a intervención introdutoria como sesión crítica, a través da metodoloxía de ‘case study’. O obxecto de análise ha de ser un tema que suscite, tanto interese profesional coma proximidade cidadá á vez que temporal e que este non se considere debatido antes co enfoque proposto. A través da súa análise particular, han de quedar expostas ideas máis xerais sobre a ideoloxía arquitectónica do relator.

Como tema, escóllese o cambio da percepción da cidade que traerá consigo a posta en funcionamento da terceira rolda da Coruña. Non se pretende abordar a súa análise en termos do reaxuste que supoñerá no sistema de mobilidade metropolitana. Tampouco sobre a idoneidade do seu trazado, pensando nos novos desenvolvementos urbanísticos que sempre propicia unha intervención deste calibre. Preténdese analizar a nova orde das partes da cidade que describe a terceira rolda, como esta vai alterar a secuencia narrativa da cidade que compoñemos coa mobilidade rodada. Son as grandes canles de movemento interpretadas como experiencia que tece a cidade, como construción, como arquitectura en última instancia. O que podería ser a forma material do seu trazado e o que xa empezamos a enxergar.

Xoan Mosquera. Pontevedra, 1975

1993 Estudios en la ETS de arquitectura de A Coruña.

Durante estes anos veñen sucedéndose pequenos traballos e colaboracións (sempre orbitando arredor da práctica da arquitectura), en forma de escritos, relatorios, conferencias, a montaxe dalgunha exposición, unhas cantas obras mellor ou peor resoltas, así como labores de investigación e apoio á docencia universitaria. Toda esta actividade móvese de xeito indeciso entre o pensamento e a acción.

ESO DIN · Xoan Mosquera

Xoves 17 de outubro 20:00 – 21:00h

aforo limitado – entrada libre

[NO IMPORTA] taller creativo

C/San Andrés 46 planta Baja

A Coruña [España]

Organiza:

Alberto Alonso Oro [veredes.es]

Maria Olmo Béjar + Borja López Cotelo [lasonceymedia.com]

Apoia:

Grupo Desarrolla Works

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: deriva

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,