Eso din · Pernas Varela Arquitectos

O próximo xoves 3 de outubro terá lugar a primeira sesión da nova tempada de sesións coloquio de arquitectura, Eso din. Nesta ocasión, o convidado será Pernas Varela Arquitectos. A sesión dividirase en media hora de presentación do arquitecto e outros trinta minutos de coloquio informal co público.

Iso din é un ciclo de sesións-coloquio que se celebra o primeiro e terceiro xoves de cada mes entre as 20:00h e as 21:00h na planta baixa do Taller Creativo No Importa (rúa San Andrés, 46); nel participan arquitectos galegos pertencentes a distintas xeracións coa intención de presentar un amplo espectro de enfoques da disciplina, sempre cunha reflexión acerca do papel do arquitecto no momento actual como pano de fondo.

Pernas Varela Arquitectos. “PRIVADO” é o título elixido polo estudo para esta presentación, na que nos ofrecerán unha visión persoal do seu traballo recente e non tan recente.

+ pernasvarela.com

ESO DIN · Pernas Varela Arquitectos

Xoves 3 de outubro 20:00 – 21:00h

aforo limitado – entrada libre

[NO IMPORTA] taller creativo

C/San Andrés 46 planta Baja

La Coruña [España]

Organiza:

Alberto Alonso Oro [veredes.es]

Maria Olmo Béjar + Borja López Cotelo [lasonceymedia.com]

Apoia:

Grupo Desarrolla Works

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: deriva

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,