Eso din · Jorge Cao

O próximo xoves 7 de novembro terá lugar unha nova sesión de sesións coloquio de arquitectura, Eso din. Nesta ocasión, o convidado será Jorge Cao. A sesión dividirase en media hora de presentación do arquitecto e outros trinta minutos de coloquio informal co público.

Iso din é un ciclo de sesións-coloquio que se celebra o primeiro e terceiro xoves de cada mes entre as 20:00h e as 21:00h na planta baixa do Taller Creativo No Importa (rúa San Andrés, 46); nel participan arquitectos galegos pertencentes a distintas xeracións coa intención de presentar un amplo espectro de enfoques da disciplina, sempre cunha reflexión acerca do papel do arquitecto no momento actual como pano de fondo.

Jorge Cao. Arquitecto coruñés, autor do Hotel A Miranda en Feás, Cariño, obra pola que foi seleccionado para o número de 2 G dedicado a Novos Arquitectos Españois no ano 2009. Aínda que non se prodiga demasiado, expuxo a súa obra nas xornadas Intemción, organizadas dende 2010 pola libraría Formatos en Coruña. Ofreceu tamén unha memorable charla nas ‘Olladas de Preto’ do ano 2010, na ETSAC. Participou como relator no curso ‘Envolventes de Madeira. Teoría, tecnoloxía e aplicación práctica’, organizado co COAG.

+ jorgecao.blogspot.com.es

ESO DIN · Jorge Cao

Xoves 7 de novembro 20:00 – 21:00h

aforo limitado – entrada gratuita

[NO IMPORTA] taller creativo

C/San Andrés 46 planta Baja

A Coruña [España]

Organiza:

Alberto Alonso Oro [veredes.es]

Maria Olmo Béjar + Borja López Cotelo [lasonceymedia.com]

Apoia:

Grupo Desarrolla Works

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: deriva

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,