Eso din · Antonio Amado

O próximo xoves 19 de decembro terá lugar unha nova sesión de sesións coloquio de arquitectura, Eso din. Nesta ocasión, o convidado será Antonio Amado. A sesión dividirase en media hora de presentación do arquitecto e outros trinta minutos de coloquio informal co público.

Iso din é un ciclo de sesións-coloquio que se celebra o primeiro e terceiro xoves de cada mes entre as 20:00h e as 21:00h na planta baixa do Taller Creativo No Importa (rúa San Andrés, 46); nel participan arquitectos galegos pertencentes a distintas xeracións coa intención de presentar un amplo espectro de enfoques da disciplina, sempre cunha reflexión acerca do papel do arquitecto no momento actual como pano de fondo.

Antonio Amado. ¿Soñan os debuxos con lapis dixitais?.

Debuxo Analóxico versus Debuxo Informático. Do MS-DOUS ao Ipad. Experiencias sobre 25 anos de utilización de ferramentas informáticas para o debuxo “a man alzada”.

ESO DIN · Antonio Amado

Xoves 19 de decembro 20:00 – 21:00h

aforo limitado – entrada gratuita

[NO IMPORTA] taller creativo

C/San Andrés 46 planta Baja

A Coruña [España]

Organiza:

Alberto Alonso Oro [veredes.es]

Maria Olmo Béjar + Borja López Cotelo [lasonceymedia.com]

Apoyia:

Grupo Desarrolla Works

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: deriva

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,