Ernesto Neto: o corpo que me leva

Dende o pasado 14 de febreiro pódese visitar a retrospectiva sobre Ernesto Neto, un dos escultores máis sobresaíntes de Brasil, que se desenvolve nun total de nove salas do Guggenheim de Bilbao.

O corpo que cae, 2006

Durante este percorrido pola traxectoria do artista, que comeza o en adro do museo coa peza O corpo que cae e finaliza en sala 208, coa peza A vida é un corpo do que formamos parte, o visitante experimenta e interactuar sensorialmente co universo que recreado por Ernesto Neto que induce e introduce o espectador en diversas experiencias.

A mostra recolle os temas máis representativos do artista, o pensamento, o corpo, a interacción coa natureza e a cultura popular brasileira.

O artista “constrúe” as pezas, pero estas por se mesmas adquiren un status de lugar, teñen unha personalidade, un espírito, un carácter, en definitiva posúen Genius Loci. Estas pezas ou lugares son espazos para a relación non só do propio visitante co obxecto, se non entre os propios visitantes. Son espazos para sentarse a reflexionar, en palabras do autor “quero que as persoas pensen con outras partes do corpo, co corazón, coa intelixencia”.

O meu traballo quere crear unha conexión continua entre o corpo e a paisaxe. Nós mesmos no noso interior somos un bosque composto por tres billóns de células, que á súa vez conviven con bacterias necesarias para que o noso organismo funcione.”

Preservar, cualificar e ampliar ese carácter é o obxectivo último na obra artística que se sae do territorio interior e que se enfronta á natureza e a paisaxe exterior.

É polo tanto unha viaxe polo labirinto sensorial dun dos artistas máis comprometido coas súas raíces que invita a reflexionar o espectador.

Copulonia (2013), Labioides (Lipzoids, 2013) e Reunión de ovoides (The Ovaloid’s Meeting, 1998).

Ernesto Neto é un dos artistas máis destacados de Brasil. As súas suxestivas esculturas son como hábitats. Ao internarnos nelas, somerxémonos nun mundo sensorial. Dende que en 1995 comezase a exhibir as súas esculturas no circuíto artístico internacional, a súa arte formou parte das principais exposicións en galerías e museos de todo o mundo.

Ernesto Neto: o corpo que me leva

14 de febreiro -18 de maio 2014

GUGGENHEIM BILBAO

+ info

Alberto Alonso Oro

Arquitecto y editor en veredes, arquitectura y divulgación. Invernalia es un buen lugar. A veces escribo en Fundacion Arquia.

follow me

Arquivado en: Alberto Alonso Oro, evento, exposiciones

Tags: , , , , , , ,