Equilibrio inestable | Íñigo García Odiaga

5 (100%) 1 vote[s]

Museo de la mina de Almannajuvet (Noruega).
Museo de la mina de Almannajuvet (Noruega).

Dise que a escultura clásica grega chegou ao seu máximo esplendor cando comezou a usar o contrapposto. Este termo italiano podería definirse como a relación que as distintas partes do corpo establecen ao iniciar o movemento. O peso do corpo descansa principalmente nunha perna, polo que a cadeira correspondente elévase respecto da outra, o tronco estabilízase compensando co peso dos ombreiros esa inestabilidade e o corpo comeza a desprazarse.

A escultura conxela dese modo unha postura en equilibrio inestable, que o corpo mantén fugazmente entre un paso e outro do camiñar. É tal a tensión muscular que mesmo os bloques de mármore necesitan reforzos e en moitas das pezas clásicas os personaxes aparecen apoiados ou recostados sobre troncos, pequenas columnas ou rocas figuradas que axudan a estabilizar o corpo humano.

Este realismo dinámico parece tamén guiar a última obra do arquitecto Peter Zumthor, o museo das minas de zinc de Almannajuvet. O museo divídese en catro pequenos pavillóns, catro edificios que inclúen un pequeno museo, unha cafetería, un refuxio e un edificio de servizo, cada un ofrecendo unha visión diferente da paisaxe illada. Tanto o museo como a cafetería álzanse sobre as fortes ladeiras da paisaxe, equilibrados por senllas mallas de soportes de madeira. Preto, o edificio de servizo ancórase sobre o cortado do río, aferrándose a un gran muro de pedra que contén a estrada e un pequeno parking.

Museo de la mina de Almannajuvet (Noruega).
Museo de la mina de Almannajuvet (Noruega).

Esta constelación de edificios de Almannajuvet, é tamén unha resposta ao longo proceso de máis de 12 anos que levou a redacción e construción do proxecto. Neste sentido a contaminación do proxecto con outros que habitaron o estudo do arquitecto durante eses anos é máis que evidente. A estrutura de bastidores de madeira para o secado de peixe que inspirara o seu proxecto en Vardo, parece reinterpretarse aquí.

Do mesmo xeito o revestimento de tea asfáltica que empregou no pavillón da Serpentine Gallery londiniense, reviste as distintas edificacións substituíndo ao material azul cobalto das propostas iniciais. Doutra banda a materialidad final das catro pezas alude á temporalidade, improvisación e modestia do asentamento mineiro inicial, que con materiais industriais, cubertas de chapa ondulada, taboleiros e pezas de madeira propias do túnel da mina, formalizaban os recintos que quedaban suspendidos sobre a ladeira.

Pero para colocar sobre o granito de Sauda, cuberto de brión, as novas pezas que se alzarán sobre a empinada ladeira da montaña, Zumthor deseñou unha fazaña de enxeñería estrutural complexa que dá luga r a vistas dramáticas, que tensionan a paisaxe. A estada de madeira que resolve a estrutura toca o chan con máxima tensión, as pezas metálicas adáptanse á pendente da roca, nunha xeometría que en calquera momento podería deslizar.

Os pés de madeira tocan o chan como o fai unha bailarina de ballet no bico dos pés, é dicir, con gran esforzo muscular pero coa elegancia que ese equilibrio inestable outórgalle ao parecer un ser rebosante de dinamismo. Un xesto similar ao do contrapposto das esculturas gregas, que a pesar de estar condenadas á quietude do mesmo xeito que as estruturas de Zumthor parecen en disposición de andar un novo camiño.

Museo de la mina de Almannajuvet (Noruega).
Museo da mina de Almannajuvet (Noruega).

Íñigo García Odiaga. Arquitecto
San Sebastián. Febreiro 2017

Íñigo García Odiaga

Arquitecto. Editor de NOMU. 1/5 del estudio de arquitectura VAUMM. Vivo en Donosti.

follow me

Arquivado en: faro, Íñigo García Odiaga

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,