Epílogo | Antonio S. Río Vázquez

«Escasas disciplinas haberá de maior interese que a etimología; iso débese ás imprevisibles transformacións do sentido primitivo das palabras ao longo do tempo»

Jorge Luis Borges, Sobre os clásicos (1952)

Luis Barragán. Casa propia en Tacubaya, cidade de México (1947)

Jorge Luis Borges recordanos que as verbas teñen unha historia e Denys Cuché engade que «en certa medida, as verbas fan a historia»[1]. As verbas aparecen en determinados momentos para responder a interrogantes que a sociedade suscítase. Introducir un nome supón un primeiro acto de recoñecemento e un primeiro paso cara á súa resolución:

«Nomear é, ao mesmo tempo, suscitar o problema e, en certo xeito, resolvelo»[2].

Varios mestres da arquitectura han rehusado acompañar as súas respostas construídas de palabras deixando as súas obras como único testemuño, sen outra compañía que o silencio: as mínimas sentenzas de Mies van der Rohe ou a permanente renuncia a escribir de Alvar Aalto, quen chega a afirmar

«Deus creou o papel para que nel se debuxe so arquitectura; tódolo demáis —polo menos para min— é un uso impropio do mesmo»[3].

Fronte a ese silencio creador atopámonos coa limitación humana de pensar con verbas. Como nos recorda o historiador John Luckacs nas suas memorias: «falamos, escribimos e ensinamos por medio das verbas»[4]. Desvelar o coñecemento da arquitectura é unha atractiva experiencia, onde en-sinar convértese nun dar acenos que vinculen ese coñecemento coa obra construída, con esa primeira e permanente lección non escrita.

O longo de nove textos —introducidos por nove verbas— foise dando forma a un hipotético curso académico sobre o significado da modernidade. Un percorrido con numerosos fragmentos, derivas, suxestións e hipervínculos que cada un pode revisar e reconstruír coas súas propias verbas. Ese sería o mellor legado que un final de curso pode ofrecer: un descubrimento persoal. Volvendo a Lukacs, «as palabras non son categorías finitas, senón significados: son o que significan para nós. Cada unha ten a súa propia historia, a súa vida e a súa morte, os seus poderes máxicos e os seus límites»[5].

Luis Barragán, que tamén era un mestre parco en palabras, se autoimpuso unha serie de conceptos cando tivo que enfrontarse a un amplo discurso e, a través delos,foi desgranando a súa visión persoal da arquitectura. Así aparecen a beleza, o silencio, a soidade, a alegría, a nostalxia… palabras que tamén chegan a nós a través da súa obra e que posúen unha gran capacidade de evocación, de levarnos a novos descubrimentos e novas historias.

Cado construiu a sua propia casa, aquelas «imprevisibles transformacións» das que falaba Borges fixéronse patentes: «estivo cambiando constantemente. Quiteille muros, púxenos, aumentei algunhas fiestras e reducido outras. Tamén na azotea fixen modificacións; ao principio os seus muros eran brancos; despois púxenlles cor»[6]. A obra convértese nun magnífico epílogo para o seu silencioso maxisterio:

«penso que todo seguirá cambiando porque a arquitectura é como un ser vivo que se modifica conforme cambian as persoas que a habitan. Unha casa nunca está rematada, é un organismo en constante evolución»[7].

Como o aprendizaxe, como avida.

antonio s. río vázquez . arquitecto

a coruña. xullo 2013

Notas:

[1] CUCHÉ, Denys. La noción de cultura en las ciencias sociales. Buenos Aires: Nueva Visión, 2004, p. 9.

[2]Ibíd.

[3] PALLASMAA, Juhani (Ed.). Conversaciones con Alvar Aalto. Barcelona: Gustavo Gili, 2010, p. 11

[4] LUKACS, John. Últimas voluntades. Memorias de un historiador. Madrid: Turner, 2013, p. 15

[5]Ibíd.

[6] FIGUEROA, Aníbal. El arte de ver con inocencia. Pláticas con Luis Barragán. México: Universidad Autónoma Metropolitana, 1989, p. 102

[7]Ibíd.

Antonio S. Río Vázquez

Antonio S. Río Vázquez (A Coruña, 1981) es arquitecto por la E.T.S.A. de A Coruña, master en Urbanismo y doctor por la Universidade da Coruña. Especializado en teoría y diseño, su línea de trabajo se ha centrado en la investigación y divulgación del patrimonio arquitectónico moderno. Ha desarrollado proyectos de modo independiente y ha colaborado con varios estudios de arquitectura. Es socio fundador de Aroe Arquitectura. Es profesor en el Departamento de Proyectos Arquitectónicos, Urbanismo y Composición de la Universidade da Coruña, y ha sido profesor invitado en la Robert Gordon University de Aberdeen (Reino Unido), en la Universidade do Minho (Portugal) y en la Università degli Studi di Roma La Sapienza (Italia). Es miembro de la red UEDXX Urbanism of European Dictatorships during the XXth Century, del Grupo de Investigación en Historia de la Arquitectura IALA y del Grupo de Innovación Educativa en Historia de la Arquitectura. Ha formado parte del proyecto de investigación FAME Fotografía y Arquitectura Moderna en España, 1925-1965. Los resultados de sus investigaciones, tanto personales como conjuntas, han servido como aportación a eventos de debate y difusión científica y han sido publicados en libros y revistas.

follow me

Arquivado en: Antonio S. Río Vázquez, artigos

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , ,