Epigramas [de díez+díez]

Espacio Sirvent presenta os novos obxectos dos diseñadores Javier e José Luís Díez cunha charla/coloquio na que Javier Díez suscitará, baixo o título de Arte? ó deseño?, os límites entre os que se atopa o seu proceso creativo. Epigramas, a nova serie de obxectos que díez+díez presentan en Espazo Sirvent, supón un conxunto de pezas, tanto objetuales como gráficas, caracterizadas todas elas por unha vontade explícita de concreción e despojamiento formal que as achega ao que poderiamos definir como aforismos visuales ou haikus materializados.

Con esta nova proposta, Espacio Sirvent continúa cunha programación que pretende abordar o deseño desde os diferentes campos da creación artística. Trala presentación do taboleiro que arrincou coa charla do arquitecto Alfonso Penela, a intervención e exposición dos irmáns Díez configúrase como unha inserción de pezas dentro do discurso expositivo que o comisario Anxo Calvo propuxo como fío condutor do proxecto.

Javier e José Luís Díez, diseñadores cunha dilatada carreira que pasaron por empresas como Escofet 1886, MiSCeL•LàNia, Porcelanas Bidasoa, Alpujarreña, BlueMobility, Ona ou ninetonine. Entre os premios recibidos atópase o Delta de Prata do ADI-FAD e dous premios da categoría Deseño Industrial da AEPD. En 2010 comezaron a traballar como díez+díez no que consideran un proxecto sen ataduras nin condicionantes e ata a data realizaron a exposición COSAS na Galería Mad is Mad (Madrid) e en diferentes exposicións colectivas.

Dentro do seu programación, Espazo Sirvent segue traballando nos próximos proxectos que contarán con colaboradores como SINSALaudio ou o acordeonista Carlos Quintá en diferentes actividades que terán como obxectivo achegar novas propostas relacionadas coa música de vanguardia e coas orixes dos registros sonoros.

+ sirventvigo

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, exposiciones

Tags: , , , , , , , , , , , , , ,