Entrevista a Paula Álvarez de Vibok Works | Domenico di Siena

Parécenos interesante recuperar, ao fío da actual convocatoria de Unface Book dedicada a Axencia Espacial e Commons, esta entrevista realizada fai uns anos por Domenico dei Siena [Urbano Humano + Think Commons] a Paula Alvarez, directora de Vibok Works, en 2009.

Trátase dunha das entrevistas realizadas por Domenico no marco da investigación “ESPAZOS SENSIBLES” que desenvolveu en 2009 sobre os modos en que as novas tecnoloxías, e en concreto, a chamada cidade híbrida, poden favorecer a revitalización dos espazos públicos. Algunhas das cuestións que xurdiron tiñan unha relación directa co “común” como novo paradigma para pensar no espazo social e os espazos urbanos, fronte á noción de espazo público, nun momentos en que a crise económica apenas estaba despuntando.

Parécenos importante destacar que as procuras de novas formas para pensar e intervir sobre os espazos urbanos é algo útil e valioso, que pode e ten que ser defendendida non só desde unha perspectiva conyuntural, senón dun modo máis amplo, con independencia do momento material presente e os seus problemas sociais e económicos.

Diagrama Otterlo Circles, de Aldo van Eyck, para o último Congreso dos CIAM | vibokworks.com

DOMENICO DI SIENA – ¿Qué entendes por espacio público?

PAULA ALVAREZ – Resulta moi difícil definir unha categoría espacial (e política) tan complexa como é o público. Tradicionalmente o espazo público (aberto, exterior, visible) definiuse por oposición ao privado (pechado, interior, vedado), pero os límites entre ambos foron móbiles ao longo da historia, volvéndose do todo borrosos ao longo do pasado século. Fenómenos como os múltiples procesos de privatización do público —da economía aos espazos urbanos— ou a progresiva irrupción do público no espazo da intimidade co desenvolvemento dos mass media, e viceversa, fixeron que dicotomías como público/privado queden obsoletas á hora de comprender e operar sobre a realidade.

[…]

Domenico di Siena

+ artigo publicado en vibok works

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectos, capturas, entrevistas

Tags: , , , , , , , , , , ,