Ensaios de cualidade

A Question of Qualities é unha recompilación de once artigos e pequenos ensaios do crítico norteamericano Jeffrey Kipnis (1951) sobre algúns dos arquitectos máis recoñecidos da actualidade. Os textos, escritos entre 1990 e 2008, aínda que non presentados cronoloxicamente, abordan -e desbordan- aspectos clave da arquitectura contemporánea.

Para moitos o nome de Jeffrey Kipnis está asociado aos de Peter Eisenman e Jacques Derrida, xunto aos cales participou no seu mítico proxecto do concurso para o Parc de la Villette en París. De feito el mesmo foi o co-editor, xunto a Thomas Leeser, do libro Chora L Works, que documenta a relación do intercambio intelectual entre Eisenman e Derrida. En certo xeito, a interpretación postestruturalista da arquitectura que cultivaron Eisenman e Derrida continúa viva nos escritos de Kipnis.

A concepción da arquitectura para Kipnis claramente supera o ámbito disciplinar. A súa crítica non despreza ningunha aproximación. El mesmo descríbeo así:

“Sen entrar en detalle e independentemente de cuestións estéticas, a historia da arquitectura desenvolveu tres aproximacións diferentes para considerar os camiños que utiliza a arquitectura para dicir algo sobre o mundo: intelectual, social e fenomenolóxica. Unha aproximación intelectual concibe o edificio como un obxecto de contemplación formal que comunica a través do entendemento e a interpretación consciente (…) La aproximación social céntrase en como un edificio comunica a través do seu papel institucional (…) La aproximación fenomenolóxica ve o edificio como un nó de percepcións mesturadas que se comunican simultáneamente a través da sensación, a intuición e a comprensión para producir un lugar no mundo.”

[…]

David H. Falagan

A Question of Qualities: Essays in Architecture

Jeffrey Kipnis

MIT Press, 2013

+artigo publicado en arquilecturas

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , ,