Encontros: ‘Xentes, espazos e Lugares’

“Xentes, espazos e lugares” é un programa relacionado co Proxecto Terra, de divulgación e formación non regrada promovido polo Colexio de Arquitectos de Galicia, dirixido á cidadanía en xeral, ademais de aos arquitectos. O seu obxectivo é o de ofrecer unha visión plural e complexa dos espazos e os lugares que habitamos, convertíndose nun punto de encontro e reflexión no que poidan estar presentes todos aqueles que teñan cousas que dicir sobre o habitar, nos tempos actuais.

Estase a preparar para setembro e outubro, unha serie de encontros, debates, charlas e obradoiros que se levarán a cabo en distintas cidades da xeografía galega, con entrada libre  para todos os interesados. As datas son as seguintes:

Albert Cuchí

Xoves 30 de agosto_ Vigo

Carlos Jiménez

Xoves 13 de setembro_ Santiago

Patrizia di Monte e Ignacio Gravalos

Xoves 20 de setembro_ Ferrol

MAUSHAUS

Venres 21 e sábado 22 de setembro_ A Coruña (conferencia+obradoiro de nenos)

Federico López Silvestre

Xoves 27 de setembro_Pontevedra

Juan Herreros

Xoves 4 de outubro_ Santiago (Pendente de confirmación)

Colectivo Zuloark

Xoves 11 de outubro_ Lugo

José Miguel Iribas

Xoves 25 de outubro_ Ourense

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: conferencias, cursos-talleres, evento

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,